Michel Alonso, novo adestrador da SD Compostela

18 de Outubro de 2023
Michel Alonso, novo adestrador da SD Compostela
  • Michel Alonso asina por unha tempada con opción a outra

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Miguel Ángel Alonso Naya (Ferrol, 24/07/1974), máis coñecido no fútbol como Michel Alonso, é o novo adestrador da SD Compostela. O técnico galego toma xa as rendas do Compos co obxectivo de que o equipo recupere sensacións, mellore os seus resultados e tome o camiño que todos desexamos. Firma por unha tempada, con opción a prolongala por outra máis.

Michel Alonso é un técnico dabondo coñecido en Galicia, un adestrador con gran experiencia na categoría e que conta cunha importante bagaxe no fútbol galego. Ademais, destaca pola súa capacidade de esforzo e traballo. Todo iso, sumado a que o seu estilo de xogo e os seus obxectivos encaixan cos do Compos, levaron á dirección deportiva da SD Compostela a afrontar a súa fichaxe.

Aos seus 49 anos, Michel Alonso conta cunha meritoria carreira nos bancos. A súa última etapa foi en Formentera, onde estivo dúas tempadas competindo na Segunda RFEF e cun brillante expediente. Na primeira campaña rozou o playoff de ascenso, mentres que na segunda logrou a salvación con moita folgura.

Antes da súa etapa nas Illas Baleares, Michel Alonso desenvolveu todo o seu camiño nos bancos en Galicia, especialmente na comarca de Ferrolterra.

Comezou no Galicia de Caranza, nos anos noventa. Pasou polo Xuvenil de Liga Nacional do Racing de Ferrol, no que estivo desde 1997 ata 2002. Volveu ao fútbol sénior co CD As Pontes, en Preferente, do 2002 ao 2004. Saltou ao Racing Club Villalbés, tamén en Preferente, na campaña 04.05. E de aí á SD O Val, na Terceira División.

O seu rendemento chamou a atención de novo do Racing, en 2006, que o contratou como segundo técnico para acabar o ano en Segunda División. Aínda que descenderían, ao ano seguinte, lograría de novo o ascenso a 2ªA, tamén como segundo.

Tras un ano en branco, en 2008 fichou de novo polo seu Racing de Ferrol, xa como primeiro adestrador, para competir na Segunda B. Outro ano en branco e en 2010 firma polo Ordes, na Terceira División. E de alí, en 2011, ao Somozas, no que estivo ata 2015, logrando como gran éxito o ascenso en 2014 á Segunda División B e unha permanencia histórica cunha gran folgura no seu primeiro ano na categoría.

Deixaríao ao curso seguinte, no que comezou realizando tarefas de scout para o Udinese, da Serie A. Sería ata decembro, cando fichou para a Secretaría Técnica do Deportivo da Coruña. E ao finalizar a campaña 15.16, volvería ao Racing de Ferrol, outra vez na Segunda B.

Ao acabar a tempada, en 2017, regresou de novo ao Somozas, en Terceira, esta vez para compaxinar o labor de adestrador co de Director Deportivo. Un ano e viaxe ao sur de Galicia, para compaxinar eses cargos na Segunda División B, primeiro, no Rápido de Bouzas, na 18.19; e despois, no Coruxo, na 19.20 e 20.21.

Por todo iso, a súa fichaxe polo Compos supón tamén o seu regreso á súa terra natal. A volta a Galicia e a incorporación a unha SD Compostela na que se atopará con caras coñecidas, posto que algún dos xogadores xa estivo ás súas ordes noutros clubs.

Tras asinar o seu contrato, mañá porase á fronte do Compos, coa súa primeira sesión en San Lázaro II. Ao finalizar, presentarase publicamente ante os medios de comunicación.

Benvido, Michel!

 

Álvaro Cano, novo preparador físico

Acompañando a Michel Alonso chega Álvaro Cano, como preparador físico, o cal xa acompañou ao novo adestrador da SD Compostela na súa etapa en Formentera.

Álvaro Cano conta con experiencia como xogador en Terceira División, disputando mesmo cinco fases de ascenso á Segunda B. Como preparador físico empezou no CD Laredo, dous anos, un deles con ascenso á Segunda B; e tres na SD Formentera, un ascendendo á Segunda RFEF. Ademais, este verán estivo como readaptador no Al Hazem da Superliga árabe.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
ℹ️ TENDAA Tenda Oficial da Rúa da Raíña estará pechada mañá xoves pola tarde👉 Si estará aberta pola mañá, das 11:00 ás 14:00 horas🎟️ Recorda que podes mercar as entradas, sexas abonado ou non, online📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.