Michel Alonso: “A idea é competir e pasar, non hai outra opción”

31 de Outubro de 2023
Michel Alonso, adestrador do Compos, falou na previa da Copa do Rei
  • O Compos encara con ilusión o duelo de Copa contra o Tenerife e soña con pasar de rolda

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Co subidón das dúas vitorias consecutivas na liga, a SD Compostela cambia o chip e xa pensa no soño da Copa do Rei. Chega ao Vero Boquete un equipo profesional, un CD Tenerife que regresa a Santiago despois de moitos anos. Un duelo histórico, que se vivirá ao grande, para loitar por pasar a primeira eliminatoria.

O Compos encara a gran cita de mañá, ás 12.00 no Vero Boquete, con moita ilusión, co obxectivo de poder eliminar a un equipo de Segunda División. Por iso, Michel Alonso adianta que sairán con todo para conseguir un gran triunfo.

Previa da Copa do Rei de Michel Alonso.

Estado do plantel.

Aparte de Riki, ningún descarte, aínda que temos algunha dúbida. Fran e Manu Barreiro teñen problemas e estámolos protexendo. A ver se poden chegar, polo menos, algún dos dous, aínda que haberá que agardar a mañá. Soto adestrou hoxe e estará para entrar en convocatoria.

Baixas na dianteira.

Serían dúas baixas para unha mesma posición. Se é así, temos preparado para facer outra cousa. Temos xogadores que se poden adaptar a esa posición. Parapar, Hugo Matos ou Jaime poden xogar aí. Por iso, temos outro plan previsto tamén.

Adaptación de Jaime Santos.

Mentres vaia rendendo, xenial. O outro día estivo fenomenal, xa o que vin entre semana nesa posición gustoume. Por características pódese adaptar a moitas posicións, como así está a ser.

Condicionantes do encontro do Valladolid.

Este partido que xogamos está condicionado polo do Valladolid. Hai xente con molestias, que quizá non estea ao 100% e entrarán outros. Aínda que os xogadores do filial e do xuvenil nos axudan moito, somos un plantel curto, e todos están enchufados. Nesta liña, Jordan ou Kike, que non xogaran a semana anterior, estiveron moi ben este domingo. Por iso, o partido do Valladolid fará que non estean ao 100% algúns e que entren outros.

Obxectivo: competir e pasar.

Penso só neste partido, co que temos arrastrado, iso si. A idea é competir e pasar, non hai outra opción. Quero pasar a eliminatoria, que o equipo siga dando unha boa imaxe e que compita. Vou sacar o mellor equipo posible para mañá pasar a eliminatoria.

O Tenerife.

En canto a modelo temos claro o que nos imos a atopar, pero hai a dúbida de que poidan cambiar futbolistas. Vimos cousas deles cos futbolistas máis habituais e é un equipo que che pode facer dano de moitas maneiras. Atacando, ten un xogo de bandas do mellor da categoría, con laterais de moito nivel e extremos profundos. Ademais, teñen dianteiros para poder xogar directo. En contraataque manéxanse moi ben. Un equipo, como está a demostrar na súa liga, moi complicado.

Estar a un nivel alto en todos os sentidos.

Nós sabemos que para competir contra este perfil de equipo temos que estar a un nivel alto, en todos os sentidos. Temos que defender ben, xestionar ben a posesión e non cometer erros, independentemente do que fagan eles. Sabemos que con espazos nos poden facer dano, temos que telo en conta. Sabemos que teñen un bo xogo directo, estea quen estea. Por iso, creo que é un partido para, máis que nunca, preocuparnos moito no noso.

Presenza de canteiráns na convocatoria.

Haberá xogadores do filial e do xuvenil na convocatoria. Hai xogadores que xa están a adestrar habitualmente connosco. Non está Sálamo, que é un dos habituais, pero Dani Varela ou Landeira están habitualmente connosco e estarán seguro en convocatoria. E seguro que algún máis.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Lanzada a Campaña de Abonos de Media Tempada da SD Compostela🎯 Obxectivo 3.000 abonos🤝 Prezos incribles🔟 partidos (9 da 2ª Volta e o último da 1ª)💻 Abónate online aquí👉 sdcompostela.compralaentrada.com/🙌 Toda a ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2024/12/02/campana-abonos-media-tempada-24-25/#quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⚽️ Este domingo, queremos unha nova vitoria como visitantes para continuar coa boa dinámica!x15 🆚 RS Gimnástica 🏟️ O Malecón🗓️ Domingo 08/12🕛 12.00 horas #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Comezamos con xornada de descanso, nunha semana de desprazamento a Cantabria para os nosos⚽️ Teremos cinco sesións de adestramentos para preparar a visita ao Malecón para medirnos á RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario a 𝐆𝐢𝐮𝐥𝐢𝐚𝐧𝐨 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Giuliano!🙌 Que veñan acompañados de moitos éxitos! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Lito Vila Baleato (coautor co seu irmán César do libro sobre a historia da SD COMPOSTELA) aporta en "A gran final" un relato sobre un día histórico da nosa entidade e moi lembrado pola afección picheleira.O libro, que se presenta hoxe no CulturGal en Pontevedra, conta tamén con relatos do excompostelanista Jesús Torres, a santiaguesa Vero Boquete e outros nomes vencellados ao mundo das letras e o fútbol galego. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.