A SD Compostela presenta, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, “Campo de Estrelas”

13 de Decembro de 2023
Presentación oficial de 'Campo de Estrelas', o cómic da SD Compostela que rememora o seu meteórico ascenso á Primeira División na década dos noventa
Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Campo de Estrelas, o cómic da SD Compostela
Xa está dispoñible na Tenda Oficial, por cada compra
  • O Compos lanza o cómic ‘Campo de Estrelas’, que rememora o seu meteórico ascenso na década dos noventa

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

A SD Compostela, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presentou esta tarde “Campo de Estrelas”, un cómic que trae ao presente o meteórico ascenso do Compos na década dos noventa, un equipo que en apenas cinco anos pasou de xogar na Terceira División a mesturarse cos clubs máis poderosos da Primeira División, chegando mesmo a se converter en subcampión de inverno da mellor liga do mundo.

Esta gran obra, coa que se rememora a paixón duns xogadores que xa son lendas do fútbol picheleiro, foi presentada esta tarde no Café Casino de Santiago de Compostela, nun acto no que estiveron presentes varios daqueles heroes branquiazuis, como Moure ou Bellido, que fixeron vibrar a toda a unha cidade.

30 anos despois daquela fazaña, o obxectivo desta publicación é dar a coñecer aos mais novos unha historia pouca veces vista no noso deporte dunha forma amena e divertida, pero sempre respectando a incrible historia dese equipo.

A súa distribución será gratuíta a través de visitas dos xogadores do primeiro equipo a colexios e asociacións, pero tamén se regalarán exemplares aos mais novos no partido do próximo 7 de xaneiro ou a todos aqueles que merquen algo na Tenda Oficial do club (situada na Rúa da Raíña) durante este Nadal.

Cabe destacar que na presentación oficial do cómic participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago; Miguel Fernández, xerente da SD Compostela; e Lito e César Vila Baleato, guionistas do cómic.

Durante a presentación, en primeiro lugar, Lito Vila quixo destacar que, como guionista da obra, “quixo non so amosar eses anos tan fermosos, senón tamén chegar á afección actual, ilusionar á rapazada e vivir, porque non, volver vivir momentos coma aqueles”.

Pola súa banda, Pilar Lueiro salientou que esta “é unha iniciativa fantástica”. Ademais, como concelleira, remarcou que para Santiago “e unha honra ter un equipo que nos fixo e nos fai soñar”, porque “a historia deportiva de Santiago non se entende sen o Compos”.

Por último, Valentín García, para pechar o acto, sinalou que dende a Xunta traballan na transmisión dos valores positivos do deporte e da cultura, tanto para a xente moza como para á que non é tanto. Por iso, citou, “este cómic é mais que unha obra de fútbol, é un exemplo de inspiración, no que se transmiten valores como o afán de superación, o compañeirismo ou o de soñar cun futuro mellor. Ademais, da man da lingua galega, porque o Compos é un baluarte da compostelanidade e de Galicia”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.