Súmate ao ‘Novo Camiño’ da SD Compostela no 2024

14 de Decembro de 2023
Un Novo Camiño

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

Aínda non te abonaches á SD Compostela, a que agardas! Súmate ao ‘Novo Camiño’ do Compos neste próximo 2024 e axuda aos nosos a lograr o gran obxectivo do ascenso. Faino agora e aproveita os prezos reducidos da Campaña de Abonos da Segunda Volta (inclúe tamén o último encontro da primeira volta, o próximo 7 de xaneiro).

Podes realizar o teu abono xa, dunha forma sinxela e rápida, na plataforma de Cluber: ABÓNATE PINCHANDO AQUÍ.

Ademais, o Abono tamén se pode realizar de maneira presencial na nosa Tenda Oficial da Rúa da Raíña, na que podes aproveitar os descontos dos Bonos Corazón; ou na Oficina (aínda que permanecerá pechada a próxima semana por descanso do persoal).

Os prezos para a Campaña de Abonos ‘Un Novo Camiño’ da Segunda Volta son os seguintes:

Menores de 17 anos: Gratis

17-30 anos (con Carné Xove): 10€*

17-30 anos (sen Carné Xove): 35€

31-65 Anos: 75€

Maiores de 65: 65€

Empresa (Cada 5 abonos): 350€

 

* Os prezos especiais para mozos entre 17 e 30 anos son exclusivos para a Bancada de Preferencia. Será condición indispensable ter o Carné Xove activado e non perderse máis de 3 partidos na Tempada (en caso de superar esa cifra de ausencias, retiraráselle o abono). No caso de non poder asistir a un encontro, pódese prestar a outro usuario, coa condición de que teña tamén o Carné Xove, que se solicitará nos accesos ao estadio.

 

‘Un Novo Camiño’

A Campaña de Abonados ‘Un Novo Camiño’ está apoiada polo Centro Comercial As Cancelas, que patrocina os abonos de menores de 17 anos para que sexan gratuítos; e pola Consellería de Política Social e Xuventude -a través do Carné Xove-, Abanca e Plexus Tech, que fan posible os excepcionais prezos para a categoría de 17 a 30 anos.

O abono da SD Compostela inclúe todos os partidos de liga regular disputados no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, reservándose o club o dereito a fixar un Día do Club. Ademais, o abono tamén permite o acceso a todos os partidos que dispute o Xuvenil A da SD Compostela de División de Honra como local, así como un 10% de desconto en todos os produtos da tenda.

Nesta segunda volta, non hai prezo de renovación nin reserva de asento. Así mesmo, destacar que todos aqueles desexen o abono en formato físico, este ten un suplemento de 5€. Estes entregaranse, a partir do 1 de xaneiro de 2024, no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas, na Planta Baixa.

Por outra banda, mantense a opción do “Abono Picheleiro” para aquelas persoas que non residan en Santiago (envío gratuíto só á Península Ibérica). Este terá un prezo de 30€ e levará consigo o envío de merchandising do club, así como a opción de asistir a un partido da tempada que non sexa día do club.

 

Como realizar o Abono na Plataforma de Cluber?

Froito do acordo asinado entre a SD Compostela e Cluber, os Abonos da SD Compostela pódense realizar a través da súa plataforma. O método é moi sinxelo e moi orientativo.

  1. Accedes á ligazón: https://app.cluber.é/clubs/64770af75c3ab340920086/alta/socios
  2. Indicas o teu número de Teléfono Móbil
  3. Se tes Carné Xove terás que achegalo na casa indicada.
  4. Indicas no despregable a Categoría á que optas (Alta + Categoría)
  5. Dáslle a continuar e aparecerache unha silueta dun campo: selecciona na zona morada de Tribuna ou Preferencia (en función da túa bancada desexada)
  6. Dáslle a continuar e entrarás na plataforma de pago.
  7. Procedes ao pago e xa está, xa atoparás o Abono na túa plataforma de Cluber (no caso de menores de 17 anos, o proceso necesita unha previa validación -avisaráseche cando se aprobe-).

O Abono sempre o terás dispoñible na túa conta da plataforma de Cluber, ligada ao teu número de teléfono, para que o teñas sempre a man. Desde ela poderalo descargar no móbil ou enviar ao correo se o desexas.

Se por calquera motivo, tiveses algún problema á hora de cubrir os teus datos na plataforma, ponte en contacto co club (indicando nome, DNI e móbil) a través do correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com. Resolveranse as dúbidas o máis axiña posible.

 

Máis información sobre o Carné Xove

Cabe destacar que a activación do Carné Xove é totalmente gratuíta e que se pode realizar tanto online (AQUÍ) como nas 36 sedes que hai dispoñibles por toda Galicia e que atoparás aquí (SEDES PARA REALIZAR O CARNÉ XOVE). Máis información en https://carnexove.xunta.gal/gl.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Descanse en paz, José María CanedaGrazas por facer realidade o soño da nosa cidade, levando a túa SD Compostela ao máis altoSempre estarás nos nosos corazóns 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
SD Compostela ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 🩵🤍💪 Roque seguirá un ano máis defendendo a camiseta da SD Compostela⚽️ O canteirán renovou o seu contrato ata 2025𝐑𝐨𝐪𝐮𝐞 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/21/roque-canterano-renovacion-compos/#roque2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Santi de Prado está de volta! A SD Compostela 24.25 refórzase cun correcamiños para a banda⚽️ Regresa ao Compos para seguir co seu crecemento tras unha sensacional campaña na UD Ourense 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐚𝐝𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/20/santi-de-prado-fichaje-sd-compostela/#benvidosantideprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 🩵🤍💪 Gonzalo Landeira ascende ao primeiro plantel do Compos para a Tempada 24.25⚽️ O mediocentro da Canteira Picheleira amplía tamén o seu contrato ata 2025𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/19/landeira-canteira-picheleira-compos/#gonzalolandeira2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.