A SD Compostela e HM Hospitales renovan o seu convenio

15 de Decembro de 2023
Firma do acordo entre a SD Compostela e HM Hospitales, esta mañá, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro
Rafael Silva, de HM Hospitales; e Miguel Fernández, da SD Compostela; no acto de firma
  • O Compos e HM Hospitales volveron selar o seu compromiso de colaboración para a tempada 23.24

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

A SD Compostela e HM Hospitales renovaron esta mañá o seu acordo de patrocinio para a tempada 23.24. O acto, que tivo lugar no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, contou coa presenza do director de Relacións Institucionais de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva; o xerente do club, Miguel Fernández; e o adestrador, Michel Alonso.

Durante o encontro, o directivo de HM Hospitales aproveitou para desexarlle éxitos ao equipo compostelán para esta tempada e asegurou que “este convenio é unha mostra do noso compromiso cos proxectos locais para fortalecer os lazos coa sociedade compostelá”. Rafael Silva asegurou que “como hospital comprometido co coidado dos nosos pacientes e a promoción dun estilo de vida saudable, cremos que o deporte é fundamental no benestar das persoas”.

Pola súa banda, desde o club tamén mostraron a súa satisfacción coa renovación do acordo por unha nova tempada. “Estamos moi contentos de volver unir forzas co grupo HM Hospitales para traballar xuntos, é unha boa oportunidade para promover a saúde e o benestar en todos os ámbitos”, sinalou Miguel Fernández. “É un orgullo contar con este apoio que nos brindan ano tras ano”, concluíu.

“O acordo co club é unha colaboración que se basea nos valores compartidos entre ambas entidades”, sinalou o adestrador, Michel Alonso. Desta forma, HM Hospitales será o encargado de ofrecer os servizos médicos e a atención integral dos xogadores do club deportivo, “brindando unha atención médica de calidade e apoio na prevención e recuperación dos xogadores”, sinalou Rafael Silva.

Con este acordo, HM Hospitales mantén o seu compromiso co deporte local de Santiago de Compostela.

 

HM Hospitales

HM Hospitales é o Grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional, baseando a súa oferta na excelencia asistencial sumada á investigación, a docencia, a constante innovación tecnolóxica e a publicación de resultados.

Dirixido por médicos e con capital 100% español, conta na actualidade con máis de 6.500 profesionais que concentran os seus esforzos en ofrecer unha medicina de calidade e innovadora centrada no coidado da saúde e o benestar dos seus pacientes e familiares.

HM Hospitales está formado por 48 centros asistenciais: 21 hospitais, 3 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardioloxía, Neurociencias, 3 centros especializados en Medicina da Reprodución, Saúde Ocular e Saúde Bucodental, ademais de 21 policlínicos. Todos eles traballan de maneira coordinada para ofrecer unha xestión integral das necesidades e requirimentos dos seus pacientes.

Actualmente, HM Hospitales en Galicia dispón 4 hospitais con máis de 250 camas e 23 quirófanos que responden a todas as especialidades médicas e cirúrxicas, e conta coa máis avanzada tecnoloxía de diagnóstico por imaxe. Destacan a UCI de adultos e neonatal, os servizos de urxencias 24 horas e urxencias pediátricas, a medicina nuclear e HM Fertility Center, entre outros. Estes recursos veñen sumarse aos do resto do grupo no conxunto de España, todos eles coa maior cualificación técnica e humana.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.