O Compos cae pola mínima en Avilés na despedida do ano

19 de Decembro de 2023
Parapar defendendo unha acción de Serrano pola banda esquerda do Estadio Román Suárez Puerta
Álvaro Casas, capitán do Compos, no partido contra o Real Avilés Industrial
Once do Compos ante o Real Avilés Industrial
  • Os branquiazuis mereceron máis, pero o Avilés foi moi efectivo nas súas aproximacións

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2023

A SD Compostela volveu sen carga de Avilés na despedida do ano. O conxunto branquiazul caeu 2-1 ante o Real Avilés Industrial, nun duelo no que mereceu mellor premio. A puntería local, aproveitando dúas imprecisións branquiazuis, marcou un duelo no que Manu Barreiro anotou o tanto compostelanista. Un disparo á cruceta de Juampa, na primeira parte; e un remate coa testa do pichichi branquiazul sacado sobre a liña por un defensor, na segunda; puideron modificar o marcador en favor dos nosos, pero non houbo fortuna.

Agora, toca descansar, recargar as pilas e afrontar, desde a sexta posición e a dous puntos do playoff, un estimulante 2024. Vémonos o 7 de xaneiro no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA

2 – REAL AVILÉS INDUSTRIAL: Álvaro Fernández; Néstor Senra (Trabanco, m.46), Pedro Orfila, Jesús del Amo, Serrano; Edu Cortina, Mercerreyes; Natalio (Espina, m.70), Davo Fernández (Alorda, m.70), Jorge (Joel del Pino, m.87); e Isma Cerro (Julio Rodríguez, m.77).

1 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Jaime Santos, David Soto, Kike, Euse; Antón de Vicente (Pep Caballé, m.62), Álvaro Casas; Parapar, Juampa, Hugo Matos; e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Isma Cerro, min.19; 1-1: Manu Barreiro, min.59; 2-1: Natalio, min.69.

ÁRBITRO: García Presa (Castela e León). Amoestou a Néstor Senra, Edu Cortina e Davo Fernández, polo Avilés; e a Juampa, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés). Xornada 16 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 2.289 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, derbi na nosa casa para recuperar a senda do triunfoPatrocinado por Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud 🤝🩵🤍 ⚽️ 𝐗𝟏𝟏🆚 CF Noia 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Xeral: 12€ | Menores de idade: 2€📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🤝 Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud, novo responsable dos servizos médicos integrais do Compos 👉 O centro sanitario compostelán, do Grupo SCQ Salud e situado na praza de Galicia, coidará do benestar dos nosos xogadores 👨‍⚕️ Están especializados nunha atención médica integral de calidade e contan cun grupo de profesionais altamente cualificados Benvidos ao Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana de traballo para preparar un novo partido na nosa casa🏟️ Entre as sesións, os nosos terán mañá un amigable contra a Selección Real Federación Galega de Fútbol - Futgal en Ordes#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 Un penalti no último minuto evita o triunfo do Compos en Vilalba (2⃣-2⃣)👉 sdcompostela.com/gl/2025/11/09/compos-villalbes-2-2-vilalba/ℹ️ Os nosos seguen no máis alto e invictos📸 Nacho Castaño #villalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.