Manu Ramírez, unha fichaxe estelar para a mediapunta do Compos

19 de Xaneiro de 2024
Manu Ramírez, novo xogador do Compos
  • Manu Ramírez, centrocampista ofensivo, chega procedente de Unionistas e firma ata 2025

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024

Manuel Ramírez Hurtado (Lepe, 08.06.1996), coñecido futbolisticamente como Manu Ramírez, é novo xogador da SD Compostela para a tempada 23.24. O mediapunta andaluz chega procedente do Unionistas de Salamanca, da Primeira RFEF, e firma por unha tempada e media, ata xuño de 2025.

Manu Ramírez é un centrocampista ofensivo, cunha ampla experiencia no fútbol nacional e que destaca pola súa capacidade para o último pase e a chegada desde segunda liña. Un enganche que reforzará a medular compostelá, dotándoa dun perfil máis atacante. Ademais de na mediapunta, tamén se pode adaptar á posición de segundo dianteiro e mesmo pode xogar nun dobre pivote no centro do campo.

Manu Ramírez ficha no Compos despois de xogar durante a primeira parte da campaña no Unionistas. En Salamanca comezou con protagonismo no once, pero unha inoportuna lesión na clavícula, que o tivo apartado do equipo durante un mes, cortoulle a progresión. Con todo, disputou oito partidos, o último deles, a eliminatoria de Copa do Rei contra o Villareal, na que anotou un dos penaltis da quenda que os clasificou para oitavos de final do torneo do KO.

Aos seus 27 anos, o canteirán do Recreativo de Huelva acumula unha dilatada experiencia na Segunda División B e 1ª e 2ª RFEF, con 180 partidos ás súas costas. Antes desta campaña, pasara polas filas do propio decano do fútbol nacional, San Roque de Lepe, San Fernando, Don Benito, Calahorra e UCAM Murcia.

Precisamente, en Murcia, o pasado curso, foi un xogador diferencial, disputando 32 encontros na Segunda RFEF e anotando 7 goles, axudando ao equipo universitario a loitar polo ascenso, do que o privou o filial do Atlético de Madrid na final do playoff.

Con ese amargo sabor chega a Santiago co obxectivo de axudar ao Compos, este ano si, a lograr o ascenso á Primeira RFEF.

Con ese reto e en plena forma, hoxe está a realizar o seu primeiro adestramento co equipo e, se o corpo técnico así o decide, estará a disposición para disputar o encontro de mañá contra a Arandina.

O ‘10’ de Unionistas pasará agora a vestir a camiseta 22 do Compos, patrocinada pola Bodeguilla de San Lázaro.

Benvido, Manu!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.