Juampa recibe o premio ao Jugador Cinco Estrellas da 1ª Volta

29 de Xaneiro de 2024
Juampa Barros, Jugador Cinco Estrellas do Compos na 1ª Volta, recibindo o premio de Fútbol Mahou
Juampa co seu patrocinador, Valkiria Salón Estilimismo, na recollida do premio
O Jugador Cinco Estrellas é unha iniciativa de Mahou, patrocinador do Compos, que pon en valor aos xogadores destacados e aos afeccionados, encargados da votación
  • O extremo compostelán foi elixido pola afección cos seus votos en Twitter

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

A afección decidiu: Juampa Barros é o Jugador Cinco Estrellas da SD Compostela na primeira volta. O extremo foi nomeado pola afección cos seus votos en Twitter como o gañador dun galardón que recolleu, da man do noso patrocinador Mahou, na previa do encontro ante o CD Covadonga.

O extremo compostelán, que regresou este verán ao Compos, foi un dos futbolistas destacados do equipo neste primeiro tramo da campaña. Actuando como extremo ou carrileiro, Juampa foi unha das principais vías de ataque do Compos. Así, nos 14 encontros que disputou na primeira volta, todos eles menos un de titular, sumou 4 goles e 3 asistencias, destacando a diana de tacón no partido contra a Ximnástica de Torrelavega, un golazo que foi noticia a nivel nacional.

Ese bo facer, xunto ao seu traballo incansable en ambos lados do campo, fixeron que a afección o designase como o Jugador Cinco Estrellas, un premio que outorgamos, unha tempada máis, grazas ao noso patrocinador Mahou.

Trátase dunha iniciativa moi especial, posto que se recoñece, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e pola outra, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Ademais, coa entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio ao club, xerando encontros entre persoas en torno ao fútbol, os cales nos axudan a vivir mellor.

Por iso, na entrega do premio acompañounos Pablo Iglesias, xestor comercial de Mahou, encargado de darlle o trofeo a Juampa Barros, xusto antes de dar comezo ao partido, un encontro que acabou en vitoria e cunha asistencia máis do noso Jugador Cinco Estrellas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-1️⃣ Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas #ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.