Tres puntos moi necesarios para un Compos que volve á senda triunfal

27 de Xaneiro de 2024
Marco Baña, do Xuvenil A da SD Compostela, debutou hoxe co primeiro equipo, sendo ademais titular.
Celebración do Compos tralo primeiro gol da tarde
Parapar, do Compos, celebra con Juampa e Escoruela o seu gol
  • Os goles de Parapar e Manu Barreiro, ambos na segunda parte, permitiron a vitoria do Compos

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2024

A SD Compostela logrou tres puntos moi necesarios na casa ante o CD Covadonga, 2-0. Dous goles na segunda parte, ambos tras centros desde a esquerda, permiten aos nosos manterse na parte alta da táboa e volver á senda triunfal. Era unha vitoria moi necesaria e logrouse, deixando ademais a portería a cero.

Tras un primeiro acto no que lle custou aos nosos, a segunda parte non puido empezar mellor para o Compos. Centro desde a esquerda de Escoruela aos 50 segundos e remate de Parapar, chegando desde atrás, ao fondo das mallas.

Con vantaxe no marcador, os nosos estiveron máis cómodos, máis dominadores, e acabou chegando o segundo, á hora de partido. De novo acción pola esquerda, esta vez Escoruela abriuna para Juampa e o centro do extremo remachouno, no segundo pau e a pracer, Manu Barreiro. Décima diana para o pichichi do Compos e cuarta asistencia para un Juampa que recibiu hoxe o premio ao Xogador Cinco Estrelas da Primeira Volta.

Co 2-0, a tranquilidade asentouse no equipo e, aínda que puido caer algún gol máis, o marcador xa non se moveu. Tres puntos vitais que colocan aos nosos con 31 puntos, pechando a xornada do sábado en postos de playoff.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Roque, David Soto, Kike, Euse, Escoruela; Samu (Xoel, m.81), Baña (Jaime Santos, m.81); Parapar (Manu Ramírez, m.64), Juampa (David Grande, m.64) e Manu Barreiro (Hugo Matos, m.74).

0 – CD COVADONGA: Buru; Nino (Figar, m.71), Morilla (Vicente, m.71), Trabanco, Álvaro García; Samu (Santullano, m.63), Tineo, Aitor Elena, Turmo; Asier (Berto, m.63) e Ariel.

GOLES: 1-0: Parapar, min.46; 2-0: Manu Barreiro, min.61.

ÁRBITRO: Muñoz Moreno (Madrid). Amoestou a Aitor Elena e Trabanco, polo Covadonga.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 20 do Grupo 1 da Segunda RFEF ante 1.115 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria de José Manuel Ríos Vázquez, abonado do club falecido estes días.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.