David Grande, un experimentado goleador para a SD Compostela

23 de Xaneiro de 2024
David Grande, novo xogador da SD Compostela
  • David Grande, que leva 5 goles na liga, firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

David Grande Serrano (Madrid, 08.02.91) é novo xogador da SD Compostela para a tempada 23.24. O espigado dianteiro chega procedente do Marino de Luanco, onde foi a súa referencia atacante nesta primeira parte do curso, e firma ata final de campaña.

David Grande é un dianteiro de área, un goleador nato, cunha ampla experiencia no fútbol nacional e que destaca pola súa potencia, velocidade e remate. Estas calidades demostrounas moi recentemente no Vero Boquete, no último encontro dos nosos na casa, partido no que asinou un dobrete que permitiu a vitoria do Marino.

Como ben fixo fai dez días, chega ao Compos co obxectivo de seguir marcando goles no Vero Boquete, agora si, para alegría da parroquia branquiazul.

Esta tarde chegará a Santiago e mañá mesmo poñerase ás ordes do corpo técnico encabezado por Michel Alonso, polo que xa estará dispoñible para poder debutar, este sábado, contra o Covadonga.

Precisamente, o conxunto asturiano tamén lle trae bos recordos, posto que esta campaña xa lle anotou un gol, no partido que disputaron para abrir o 2024. Por tanto, David Grande aterra en Compostela en plena forma e cunha dinámica goleadora moi positiva. En total, no que vai de liga, disputou 18 encontros, catorce deles coma titular, nos que sumou 5 goles.

Ademais de polo Marino de Luanco, o dianteiro de 32 anos tamén pasou polas filas do Albacete, Xetafe B, CD Lealtad, Granada B, Ponferradina, Atlético Malagueño e Unionistas de Salamanca, da Segunda División B; polo CD Calahorra, da Primeira RFEF; polo Xerez e Cacereño, da Segunda RFEF; polo CD Marchamalo, Illescas, Albacete B, Alxeciras, Villarrubia e Alzira, da Terceira División; así como polo Jamshedpur, da Súper Liga India.

Por tanto, conta cunha longa e exitosa traxectoria por todo o fútbol nacional, a cal ampliará en Compostela. Neste sentido, entre Segunda e 1ª e 2ª RFEF, suma 221 partidos disputados e 51 goles marcados.

Do mesmo xeito que Manu Ramírez, David Grande ficha no Compos co obxectivo de lograr o ascenso á Primeira RFEF, desquitándose da espiña que ten cravada do curso pasado, xa que tamén perdeu a final do playoff, no seu caso, co Cacereño, ante o Recreativo de Huelva e na prórroga.

Benvido á túa casa, David! Estamos a desexar celebrar os teus goles!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.