Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024
Michel Alonso presentou esta tarde a súa dimisión como adestrador da Sociedade Deportiva Compostela, renuncia que aceptou o club.
A SD Compostela quere agradecer a Michel o seu traballo durante estes meses. Ademais, deséxalle moita sorte para o seu futuro.
Antón Permuy e Dani Gesto faranse cargo do equipo de maneira interina.