A SD Compostela inicia a pretempada

17 de Xullo de 2024
Fichaxes da SD Compostela para a Tempada 24/25
Xogadores da Canteira Picheleira que inician a pretempada co primeiro equipo
Xogadores do Compos que iniciaron a pretemporada 24/25 coa SD Compostela
  • O Compos terá sete semanas de preparación para arrincar a liga

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

A SD Compostela 2024/25 xa está en marcha. O equipo iniciou este mércores 17 de xullo unha nova tempada co primeiro adestramento da pretempada. Unha xornada con moitas caras novas, con gran presenza de canteiráns e Antón Permuy á fronte do equipo.

Nesta primeira sesión estival, marcada polas altas temperaturas, puidéronse ver, por primeira vez como compostelanistas, ás novas fichaxes: Santi de Prado, Manu Rivas, Iago Domínguez, Jesús Ocaña, Diego González, Javier Rabanillo e Giuliano Bertino.

Tamén estaban os xogadores que continúan da pasada campaña, entre eles, os tres capitáns: Álvaro Casas, Pablo Antas e Samu Rodríguez. Xunto a eles, Roque, David Soto, Kike, Pablo Crespo, Landeira, xa con ficha do primeiro equipo; Hugo Matos e Manu Barreiro.

E para completar o roster do Compos que inicia esta intensa pretempada, programada con sete semanas de preparación, nas que se alternarán as sesións de adestramento con partidos amigables, unha boa nómina de xogadores da Canteira Picheleira. Así, neste inicio, están co primeiro equipo Hugo, Dani Varela, Moreta, Adri, Sálamo, Balsa, Ozores, Baña e Marcos, do Sigüeiro.

No que respecta aos amigables, o Compos ten xa programadas tres citas de verán, que se ampliarán en próximas datas. Os nosos mediranse ao Arenteiro, o vindeiro venres 26 de xullo, en Baltar; ao Boiro, en Barraña, o 3 de agosto; e ao Bergantiños e Ourense CF, nun triangular en Ordes, o 17 de agosto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.