«100% Picheleiro», a nova campaña de abonos da SD Compostela

17 de Xullo de 20244
CArtal Campaña de abonados

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

Xa está aquí a Campaña de Abonos da SD Compostela para a Tempada 2025/26

A SD Compostela lanza a súa campaña de abonos para a tempada 2025/26 baixo o lema 100% Picheleiro, unha chamada ao sentimento e á paixón polas cores azul e branco nun ano no que o club ten o obxectivo claro de volver á Segunda RFEF.

Renovacións e novas altas

Dende hoxe xa se poden facer renovacións a través da páxina web oficial, da

Oficina do Club no Estadio Verónica Boquete e da Compostenda.

O período de novas altas abrirase o 21 de xullo, unha vez finalicen as fases de

Descontos e prezos

Os abonados que renoven o seu carné contarán cun 20% de desconto no prezo. Estes son os prezos vixentes:

• 3-17 anos: 15 € (renovación: 12 €)
• 18-30 anos: 50 € (renovación: 40 €)
• 31-65 anos: 120 € (renovación: 96 €)
• Máis de 65 anos: 100 € (renovación: 80 €)

Atención, picheleiros! Esta tempada, toda a emoción vivirase dende a Tribuna, xa que será a única zona dispoñible para os abonados. Por iso, a campaña distribuise en varias fases para asegurar que todos atopen o seu sitio.

Toda a emoción na Tribuna

Nesta tempada, a Tribuna será a única zona dispoñible para os abonados, polo que se estableceron varias fases para garantir que cada abonado poida escoller o seu asento:

Do 7 ao 13 de xullo:

Renovación exclusiva de asentos en Tribuna. Os abonados de Preferencia poderán reservar asentos libres nesta zona.

Do 14 ao 20 de xullo:

Os asentos non renovados quedarán liberados. Os abonados de Preferencia poderán adquirir eses asentos e os de tribuna cambiar de sitio.

A partir do 21 de xullo:

Apertura de novas altas e últimas renovacións. Manteranse os prezos reducidos, pero sen reserva de asento.

Novidade: Bancada de Animación

A principal novidade desta tempada é a creación dunha Bancada de Animación, situada nunha zona do Fondo Norte anexa á Tribuna cun aforo de 561 persoas:

  •  Asentos non numerados, pensados para vivir o partido con intensidade.
  •  5% de desconto adicional nos abonos desta zona.
  •  Esta Bancada estará dispoñible na súa totalidade dende o inicio da campaña.

O carné de abonado 25-26 inclúe

  •  Acceso a todos os partidos de liga regular.
  • Entrada a todos os amigables no Verónica Boquete, incluíndo:

o RC Deportivo (23 de xullo).

o RC Celta (data por confirmar).

  • Acceso aos partidos do Xuvenil División de Honra como local.
  •  10% de desconto na Compostenda.
  •  Carné físico gratuíto.
  •  Reserva de asento (excepto Bancada de Animación).

Puntos de renovación e horarios

Web oficial:

www.sdcompostela.com

Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete):

Luns a xoves: 10.00 – 14.00 h

Compostenda (Rúa da Raíña):

    • Luns: 10.30 – 14.00 e 17.00 – 20.30 h
    •  Martes a sábado: 10.00 – 21.30 h
    •   Domingo: 10.00 – 16.15 hPara máis información, consulta a web oficial ou contacta co club no 981 57 70 41.

4 comments

  • Javier

    12 de Xullo de 2024 at 13:47

    Ola.
    Teño 40 anos e son pensionista por minusvalía.¿Teño algún desconto para facerme socio?
    Gracias

    • SD Compostela

      18 de Xullo de 2024 at 07:42

      Boas Javier. Os prezos van por tramos de idade. De 31 a 65 anos e de 65 en adiante. O único desconto que se fai é para as renovacións ou para os membros das peñas do club.

  • david

    23 de Xullo de 2024 at 08:36

    ola son David e teño 30 anos valeme o carné xoven para facerme abonado d compos

    • SD Compostela

      23 de Xullo de 2024 at 09:57

      Mentres teña o carné xove en activo pode aproveitar o prezo especial de 15€.

Comments are closed.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.