Os xogadores pasan os recoñecementos médicos en HM Rosaleda

18 de Xullo de 2024
Rabanillo, novo porteiro do Compos, realizando as probas de esforzo en HM Hospitales
Jesús Ocaña, tras superar o recoñecemento médico en HM Rosaleda
Jesús Ocaña, Rabanillo e Giuliano Bertino, co Dr. Amaro Cendón, pasando o recoñecemento médico en HM Rosaleda
Giuliano Bertino tras realizar as probas médicas coa SD Compostela
  • O Compos e HM Hospitales amplían a súa colaboración para a tempada 24/25

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

Froito da unión entre HM Hospitales e a SD Compostela, que se amplía para esta Tempada 2024/25, todos os xogadores do Compos pasaron xa os protocolarios recoñecementos médicos en HM Rosaleda.

Antes de iniciar a pretempada, que arrincou onte, os futbolistas branquiazuis realizaron, por quendas, as análises clínicas no laboratorio Abacid do Grupo HM Hospitales e as probas cardiolóxicas, que correron a cargo do Dr. Amaro Cendón, especialista do Servizo de Cardioloxía de HM Rosaleda.

A directora médica de HM Rosaleda, a Dra. Verónica Ángel, agradece á SD Compostela “a confianza que tiveron en HM Hospitales para realizar os devanditos recoñecementos e comprobar que os xogadores están listos para iniciar a pretempada, uns deportistas que estamos seguros que nos darán moitas alegrías durante esta tempada”.

Este foi o paso previo á posta en marcha dun Compos que xa está inmerso en pleno traballo estival, con sete semanas por diante para preparar o inicio de liga.

A realización destes recoñecementos supón un paso máis dentro do compromiso que ten HM Hospitales co deporte local de Santiago.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.