Óscar Gil, máis madeira para o ataque da SD Compostela

22 de Xullo de 2024
  • O extremo dereito Óscar Gil chega desde o RC Celta C e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

Óscar Gil Vázquez (Moaña, 15/01/2001) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O extremo dereito chega ao Compos tras unha gran campaña no RC Celta C – Gran Peña na Terceira RFEF para reforzar o ataque compostelanista. Firma por unha campaña.

Óscar Gil é un futbolista habilidoso, rápido, con moito desborde e con gran capacidade goleadora, calidades que xa viña demostrando en categorías inferiores e que consolidou desde o seu debut como sénior. Cunha zurda exquisita, adáptase ás diferentes posicións do ataque, aínda que sempre se desenvolveu mellor desde a banda dereita, para desequilibrar por dentro e demostrar o seu gran golpeo de balón.

Por iso, ese potencial e esa capacidade de crecemento futbolístico levaron á dirección deportiva a afrontar a súa fichaxe para o proxecto compostelanista na Segunda RFEF.

A Compostela, Óscar Gil chega tras unha última tempada na que foi un dos xogadores máis destacados do filial celeste, equipo co que pelexou polo playoff de ascenso á Segunda RFEF ata a última eliminatoria. Un gran ano para o atacante, ao que só lle faltou ese paso final para que fose totalmente redondo. No persoal, pechou a campaña con máis de 2.000 minutos de xogo, repartidos en 33 partidos, nos que ademais marcou 9 goles, os últimos nas semifinais do playoff.

Anteriormente, Óscar Gil creceu na base do Celta, na que entrou con 12 anos para superar etapas ata División de Honra Xuvenil. Tras destacar nas categorías inferiores, chegando mesmo a participar en sesións de adestramento do primeiro equipo, fichou no CD Choco, de Terceira División, no seu primeiro ano como sénior, unha experiencia positiva, con 24 encontros disputados e 2 goles, que o levaron de volta á disciplina do Celta, incorporándose ao equipo C.

En Preferente marcou 8 goles na primeira parte da tempada, repartidos en 14 partidos, antes de que a súa carreira se vise interrompida por inoportunas lesións, afectándolle a ese curso e tamén ao seguinte, xa na Terceira Federación, no que só puido disputar catro partidos.

Xa totalmente recuperado, a pasada tempada recobrou o seu ton físico, a súa confianza e o seu nivel para volver demostrar as grandes calidades que atesoura, un nivel que agora demostrará na SD Compostela, no que será o seu debut na Segunda RFEF.

Con esta confianza e todo o seu potencial, Óscar Gil chega ao Compos con gañas de impactar con forza na parroquia branquiazul. Cheo de ilusión e con moitas gañas, confía en que será un gran ano en terras compostelás.

Benvido e moita sorte, Óscar!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.