Giuliano Bertino, potencia e gol para a banda da SD Compostela

5 de Xullo de 2024
  • O extremo arxentino Giuliano Bertino chega ao Compos tras destacar no Formentera

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Verticalidade, desborde e gol para a SD Compostela: Giuliano Bertino (Buenos Aires, 02/12/2000) é novo xogador do Compos para a Tempada 24/25. O extremo arxentino, con experiencia na Segunda RFEF, chega a Santiago tras unha gran campaña no Formentera, no que marcou oito tantos, e firma por 1 campaña, con opción a outra máis.

Giuliano, aos seus 23 anos, destaca polas súas grandes calidades para desenvolverse por toda a fronte do ataque. A súa velocidade, a súa enerxía, a súa potencia en carreira ou o seu acerto ante a portería rival son algunhas das súas virtudes máis destacadas. Todo iso, unido á súa polivalencia para render en calquera posición da dianteira, levaron á dirección deportiva a afrontar a súa fichaxe para o proxecto branquiazul.

Neste sentido, Giuliano, a pesar da súa mocidade, acumula xa 77 partidos na Segunda RFEF, categoría na que suma 22 goles, unha gran cifra goleadora tratándose dun xogador que actúa, preferentemente, como extremo. Ademais, xa debutou na Primeira RFEF e tamén conta no seu haber con dous cursos en Terceira, no filial do Logroñés.

No último ano, Giuliano Bertino realizou unha gran tempada no Formentera, do Grupo III da Segunda RFEF. Na illa, disputou 29 encontros, nos que marcou oito tantos e repartiu varias asistencias, sendo unha das pezas destacadas do equipo.

Este foi o último paso previo á súa chegada ao Compos, nunha traxectoria no fútbol nacional, tras saír de Italia, que comezou en Logroño, despois de chamar a atención nunha Viareggio Cup (torneo italiano sub-21). Alí estivo tres campañas, as dúas primeiras en Terceira e a última na Segunda RFEF, tras lograr o ascenso.

O seu rendemento, con 23 goles anotados en 78 partidos oficiais, chamaron a atención do Talavera, co que debutaría na Primeira RFEF, disputando 7 encontros. En busca de protagonismo, no mercado invernal, Giuliano Bertino recalou no Estepona, do Grupo V de Segunda RFEF, no que xogou 17 encontros en media tempada.

De Andalucía foise a Formentera e agora a Compostela, cidade á que chega con moita ilusión e moitas gañas de seguir demostrando todo o seu potencial, mantendo a súa gran progresión futbolística.

Benvido e moita sorte, Giuliano!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.