A pretempada comeza a tomar forma

4 de Xullo de 2024
  • O Compos iniciará a pretempada o 17 de xullo e xa coñece os seus primeiros rivais

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

A SD Compostela comeza a trazar a súa folla de ruta para o verán. A pretempada está ao virar a esquina e os nosos xa coñecen os seus primeiros rivais para a preparación estival. O Compos arrincará a Tempada 2024/25 este próximo 17 de xullo, iniciando sete semanas de preparación para chegar en plena forma á primeira xornada ligueira, prevista para a fin de semana do 1 de setembro.

Con Antón Permuy á fronte do equipo, o Compos comezará os adestramentos o vindeiro mércores 17 de xullo, na que será a primeira toma de contacto co verde, tralo parón estival.

Iniciaranse así sete semanas de carga de traballo para o plantel da SD Compostela, nos que se combinarán as sesións no San Lázaro II con partidos amigables.

Precisamente, neste sentido, o Compos xa coñece aos seus primeiros rivais para a pretempada.

En primeiro lugar, o club confirmou un amigable para o 3 de agosto, en Barraña, contra o CD Boiro, conxunto que acaba de ascender a Terceira RFEF e que dirixe Cardeñosa.

Pola súa banda, o 17 de agosto, a SD Compostela organiza un Torneo Triangular en Ordes, no Campo Municipal de Vista Alegre, no que se medirá ao Ourense CF, recentemente ascendido á Primeira RFEF, e ao Bergantiños, conxunto ao que se enfrontará esta campaña na Segunda RFEF.

Estes son os primeiros duelos confirmados da pretempada. Nas próximas datas iranse coñecendo máis detalles do período estival para a SD Compostela.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.