Descanse en paz, José María Caneda

26 de Xuño de 2024

Compostela está de loito. Este 24 de xuño de 2024, día de San Xoán, deixounos, aos 77 anos de idade, José María Caneda Antelo (Amio, Santiago, 1 de febrero de 1947).

Un día triste para a SD Compostela e para toda a cidade, que despide a unha das grandes figuras da historia do club compostelán. Un mandatario que conseguiu, en tan só seis tempadas, un fito único e histórico: levar ao Compos dende a Terceira ata a Primeira División.

Caneda tomou as rendas do club en 1988, acadando, na tempada 89/90, o seu primeiro gran logro. Da man de Fernando Castro Santos, este sería o primeiro de tres ascensos. Precisamente, na 90/91 chegaría o salto de categoría dende a Segunda División B a Segunda División, logo dunha promoción, sendo a primeira vez que o club chegaba á división de prata do fútbol español.

Logo de asentarse na categoría, o gran éxito na historia de José María Caneda chegaría nun mes de xuño, o de 1994. Logo dunha campaña formidable, o Compos ascendía á Primeira División despois de superar no partido do desempate da promoción ao Raio Vallecano. Un encontro que está na memoria de todos os compostelanistas e do que se cumpriu, hai unhas semanas, o seu 30 aniversario.

Na Primeira, o Compos de Caneda estaría catro tempadas, catro cursos nos que o expresidente deixou grandes anécdotas e recordos, e no que o club competiu contra os mellores equipos de España, acadando mesmo un subcampionato de inverno na 95/96. Unha época dourada que recordamos con gran agarimo.

Caneda estaría no cargo ata 2011, nun periplo no que tamén conseguiu que o club estivese catro tempadas máis no fútbol profesional, competindo na Segunda División. Así, tras 23 anos na presidencia, que sempre serán recordados, deixaría o cargo.

Dende o club só temos palabras de agradecemento por todo o que acadou José María Caneda.

Sempre estarás nos nosos corazóns 🖤

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Pablo Porrúa, talento e desborde para o ataque do Compos🤝 O atacante de Bertamiráns, unha das grandes revelacións da categoría, chega ao Vero Boquete para facer diabluras coa súa zurda✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/03/pablo-porrua-fichaxe-compos/ 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐫𝐮𝐚 🩵🤍#benvidoporrua ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥🎯 Comezamos forte! Amistoso contra o Real Club Deportivo de La Coruña a beneficio de Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia 🏟️ Vero Boquete📅 Mércores 23 de xullo🕣 20:30🎟️ As entradas poranse á venda o 7 de xullo, coincidindo co lanzamento da campaña de abonados. Se te fas abonado, este partidazo xa estará incluído no teu carné! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤝 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐀𝐂𝐎𝐑𝐃𝐎👏 O @sigueirofc seguirá sendo o Filial do Compos na tempada 25-26!🙌 Estamos seguros que esta vinculación nos seguirá dando grandes éxitos a ambos clubs#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Quico, un muro para a defensa do Compos🤝 O experimentado central lucense chega tras xogar as dúas últimas tempadas na Segunda RFEF𝐐𝐮𝐢𝐜𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/26/quico-fichaxe-muro-defensa-compos/#benvidoquico ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🎂 63 anos de historia 🩵🤍🔙🗓️ 26 de xuño de 1962Sempre Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.