Antón Permuy seguirá á fronte da SD Compostela a próxima tempada

3 de Maio de 2024
Dani Gesto e Antón Permuy nun partido desta tempada
Antón Permuy, no seu debut no Vero Boquete coa SD Compostela, logrou os tres puntos
  • A SD Compostela renovou o contrato de Antón Permuy e Dani Gesto para a Tempada 24/25

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Antón Permuy (Santiago, 16.05.1990) continuará á fronte da SD Compostela durante a Tempada 2024/2025. E farao acompañado, unha vez máis, por Dani Gesto como segundo adestrador. O club e os técnicos chegaron a un acordo para prolongar a súa vinculación durante un curso máis, despois do gran traballo realizado por ambos.

Máis aló do que suceda este domingo, o Compos asenta as bases do seu proxecto con Antón e Dani á fronte. Dous técnicos da casa, moi coñecedores do fútbol compostelán e que levan demostrando a súa valía desde hai moitos anos.

Ese traballo levounos a dirixir ao primeiro equipo nesta recta final de liga, unha tarefa que están a levar a cabo con mestría.

Todo iso, sen esquecer tampouco o seu gran labor á fronte do Xuvenil A, nunha campaña histórica na División de Honra, levaron ao club a tomar a decisión.

Parabén, Antón e Dani. Estamos nas mellores mans.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.