O Compos pecha a tempada con derrota en Cantabria

6 de Maio de 2024
Despedida dos xogadores do Compos aos afeccionados desprazados ata Cantabria
Medio centenar de afeccionados do Compos estiveron presentes nas Instalacións Nando Yosu de Santander
Celebración do gol de Samu, no minuto 2, polos xogadores da SD Compostela
  • Os nosos pelexaron polo playoff cun gol temperán, pero os locais remontaron

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2024

A SD Compostela pechou a tempada 23/24 en Cantabria cunha derrota por 3-1 contra o filial do Racing de Santander. O Compos, que arrincou o duelo da mellor maneira, viuse remontado na segunda parte, quedando sen opcións de pelexar polo playoff de ascenso. O tanto branquiazul foi obra de Samu, cun lanzamento de falta.

Con este resultado final, a SD Compostela concluíu a liga en sétima posición con 47 puntos.

FICHA TÉCNICA

2 – RAYO CANTABRIA: Dani Atanes; Quicala Bari (Diego Campo, m.55), Entrecanales (Jorrín, m.55), Carrascal, Gomeza, Adrián Corral (Jorge Delgado, m.55); M. Bustillo, Dani González (Mateo, m.62), Neco; Jeremy (Isaac Obeng, m.55) e Santamaría.

1 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé (Juampa, m.72), Kike, David Soto, Roque, Jaime Santos; Samu (Antón de Vicente, m.53), Pablo Antas (Hugo Matos, m.72); Parapar, Manu Ramírez (Jordan, m.63) e David Grande (Manu Barreiro, m.53).

GOLES: 0-1: Samu, min.2; 1-1: Diego Campo, min.56; 2-1: Jorge Delgado, m.70; 3-1: Jorge Delgado, m.89.

ÁRBITRO: Munárriz Mateos (Navarra). Amoestou a Pep Caballé e David Soto, polo Compos.

INCIDENCIAS: Instalacións Deportivas Nando Yosu (Santander). Xornada 34 do Grupo 1 da Segunda RFEF. Medio centenar de afeccionados compostelanistas desprazáronse ata Cantabria para apoiar aos nosos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🏅🚴‍♀️ Orgullo de Compostela!Alejandra Neira, campioa do Mundo en Ruta e de Europa en CRI en categoría Junior, será homenaxeada este domingo no Vero Boquete⚽️ A ciclista compostelá fará o saque de honra no derbi contra o Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará dar un golpe de autoridade na casa e confirmar así a súa boa dinámica 🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Ourense FC co obxectivo de prolongar o gran momento do equipo, con 13 puntos obtidos dos últimos 15 posiblesPor primeira vez no que vai de tempada, Carlos de Lerma terá á súa disposición aos 24 membros do plantel📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 11🩵🤍 O técnico do Compos destacou que ten a todo o plantel, que seguen co debe de darlle á afección unha alegría na casa e analizou as claves para poder conseguir o triunfo no derbi#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️🏟️ Domingo de San Lázaro! 🫂🩵🤍 O primeiro derbi na nosa casa tamén o xogades vós💪 Apoia aos nosos e axúdanos a conseguir outra vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.