Antón Permuy, novo adestrador do Xuvenil A de a SD Compostela

22 de Xuño de 2023
Antón Permuy, novo adestrador do Xuvenil A do Compos
  • Antón Permuy leva catorce anos nas categorías inferiores do CD Conxo

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Antón Permuy Rivas é o novo adestrador do Xuvenil A da SD Compostela para a Tempada 2023/24. O técnico santiagués, cunha amplísima experiencia no fútbol base compostelán, tomará as rendas do principal equipo da Canteira Picheleira co obxectivo de seguir afianzando ao equipo na División de Honra, así como formar xogadores para o filial e o primeiro equipo do Compos.

Antón Permuy chega ao Xuvenil A do Compos tras 14 anos formando parte das categorías inferiores do CD Conxo Santiago. Comezou en 2009 como técnico en Fútbol-8 e desde aquela foi pasando por toda a estrutura do equipo santiagués.

Desde 2012 exerce como adestrador de Fútbol-11, dirixindo aos principais equipos da base do Conxo. Así mesmo, tamén actuou como Coordinador Deportivo durante dous anos e mesmo dirixiu ao equipo sénior, na Segunda Autonómica, tamén durante dúas campañas.

Nestes últimos anos, Antón Permuy compaxinou, en primeiro lugar, o Infantil de Liga Galega co Cadete de División de Honra do Conxo; e, desde 2021, o mesmo infantil co Xuvenil de Liga Nacional.

No Infantil A, nestes dous últimos cursos, conseguiu un histórico ascenso á División de Honra e certificou unha gran tempada na máxima categoría. Pola súa banda, co Xuvenil do Conxo quedou, en 2022, a un só punto do ascenso a División de Honra, mentres que esta campaña logrou a permanencia con varias xornadas de antelación.

Así mesmo, cabe destacar tamén que a súa labor de adestrador compaxínaa cos Campus de Verán. Deste xeito, cada período estival, desde fai dez anos, exerce como técnico nos Campus de Tecnificación que celebra o Atlético de Madrid por toda Galicia. E, desde este mes de xuño, desenvolverá a súa actividade nos Campus Xacobeos do Compos.

Ademais, é un dos fundadores da empresa Fútbol de Banquillo, especializada na formación e perfeccionamento de adestradores.

Por todo iso, froito desa gran experiencia e da súa recoñecida bagaxe, Antón Permuy é un dos técnicos novos con maior progresión no fútbol base compostelán.

Benvido e moita sorte, Antón!

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Centrados xa en superar o seguinte reto 💙🤍💪 XUNTOS, BUSCAREMOS O TRIUNFO ESTE DOMINGO NA CASA!!!📸 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐫𝐨𝐚 | Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝑹𝑬𝑺𝑼𝑳𝑻𝑨𝑫𝑶𝑺 𝑪𝑨𝑵𝑻𝑬𝑰𝑹𝑨 𝑷𝑰𝑪𝑯𝑬𝑳𝑬𝑰𝑹𝑨 💙🤍⚽️ Resultados e clasificación para os equipos da base da SD Compostela, que nos trae Milongas Parrillada, tras unha gran fin de semana para os nosos!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💙🤍 UNHA NOVA REVÁLIDA CO PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!🆚 Ourense CF 🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Vero Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan 🎟️ Entradas 👉 bit.ly/EntradasvsOurense🙌 LOITAREMOS CON TODO PARA QUE OS PUNTOS QUEDEN NA CASA!!!#composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎫 O número premiado da Rifa de onte foi o 0265!👕 Gaña unha camiseta de adestramento da SD Compostela, a retirar na Tenda Oficial!📢❌ Non se puido anunciar pola megafonía do Estadio durante o partido, xa que se volveu estropear!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 TOCA LEVANTAR CABEZA E IR A POLO PRÓXIMO OBXECTIVO!!!⚽️ Comeza xa a semana para os nosos, que prepararán o derbi contra o Ourense CF con cinco sesións de adestramento!!! #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.