Cano, Allyson e Javi Jiménez non continuarán na SD Compostela

22 de Xuño de 2023
Despedida Javi Jiménez
Despedida Allyson
Despedida Cano
  • O club agradécelles o seu compromiso aos tres

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Jorge Cano, Allyson e Javi Jiménez non continuarán na SD Compostela a próxima tempada. O club comunicoulles aos tres a súa decisión, agradecéndolles o traballo realizado polo ben do Compos na súa etapa como xogadores branquiazuis.

Jorge Cano e Allyson chegaron ao Compos o pasado verán. O atacante coruñés fíxoo procedente do Bergantiños, disputando un total de 35 encontros na campaña, nos que anotou tres goles. Pola súa banda, o dianteiro brasileiro, lastrado polas lesións, puido participar en doce encontros, marcando un tanto. Por último, Javi Jiménez, que aterrou na capital galega unha vez iniciada a tempada, defendeu a portería da SD Compostela nun total de oito encontros.

Moitas grazas e moita sorte para o futuro!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.