Jordan Domínguez seguirá un ano máis na SD Compostela

21 de Xuño de 2023
Jordan renova co Compos
  • Jordan amplía o seu contrato ata 2024

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Jordan Domínguez será xogador da SD Compostela un ano máis. O mediocentro de Salvaterra do Miño aceptou a proposta do club, ampliando o seu contrato ata o próximo 2024. Cumprirá así a súa terceira tempada vestindo a camiseta branquiazul.

No Compos, Jordan suma 53 encontros disputados, 23 na súa primeira campaña e 30 na segunda. Durante o seu primeiro curso na capital galega, xogou un total de 1.344 minutos e anotou catro goles. Mentres tanto, nesta última, participou en 1.735 minutos de xogo, marcando tres tantos e repartindo catro asistencias.

Deste xeito, Jordan seguirá demostrando a súa calidade e capacidade para organizar ao equipo unha campaña máis. Desde o mediocentro ou en posicións máis adiantadas, o de Salvaterra mostrou neste tempo no Compos o seu dominio dos tempos de xogo, así como unha calidade especial para atopar ese último pase.

Ademais, a SD Compostela contará así, na Tempada 23/24, con outro futbolista con gran experiencia na categoría.

Coa súa continuidade, a SD Compostela conta con once xogadores con contrato para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián, Martín, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Elliot e Parapar.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts.
Click to show error
Error: Server configuration issue

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.