Parapar, un ano máis de branquiazul

21 de Xuño de 2023
Parapar renova coa SD Compostela
  • Parapar renova o seu compromiso coa SD Compostela ata 2024

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Juan Manuel Parapar seguirá vestindo a camiseta da SD Compostela unha tempada máis. O extremo coruñés amplía a súa vinculación ata 2024, polo que cumprirá a súa terceira campaña como xogador branquiazul.

Nestes dous cursos na capital galega, Parapar demostrou ser un xogador diferencial na categoría, cunha gran capacidade de desequilibrio desde a banda. Esta calidade permítelle intimidar aos rivais, tanto co seu magnífico golpeo como coa posibilidade de chegar a liña de fondo e nutrir de pases aos seus compañeiros.

Deste xeito, o atacante seguirá ampliando os seus números no Compos, co que leva disputados 51 encontros, 29 o primeiro ano e 32 o pasado. Nesta última campaña, xogou un total de 1.500 minutos, cun rendemento de menos a máis, sendo peza fundamental no tramo final do ano. Así, pechou a tempada cun gol, unha obra de arte lograda contra o Marino de Luanco de Manel Menéndez, e oito asistencias.

Por tanto, a bancada do Vero Boquete poderá seguir gozando unha campaña máis dos caneos de Parapar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composourenseO técnico do Compos analizou a derrota no derbi, nun encontro no que os nosos, como valorou o adestrador, non estiveron finos no último terzo do campo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Ourense CFHoxe non foi o día! Ráchase a xeira de encontros sen perderGRAZAS AFECCIÓN por apoiarnos ata o final, pese ao resultado 👥🩵🤍📸 Nacho Castaño#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Ourense CF Tempo de lecer tras unha primeira parte de moito control, pero sen grandes oportunidades📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🥇🚴‍♀️ Esta tarde homenaxeamos a Alejandra NeiraA campioa do Mundo 🌈 en Ruta e de Europa 🇪🇺 en CRI fixo o saque de honra no derbiMoitos parabéns, Alejandra! 👏📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Ourense CF 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.