Antón de Vicente, primeira fichaxe da SD Compostela

23 de Xuño de 2023
Antón de Vicente, novo xogador da SD Compostela
  • Antón de Vicente, cunha amplísima experiencia na Segunda B, firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

Antón de Vicente Adrio (Vigo, 23.08.1989) é a primeira fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2023/24. O polivalente futbolista vigués, cunha amplísima experiencia na categoría, chega procedente do Coruxo e firma por unha tempada, ata 2024.

Antón de Vicente é un xogador que destaca pola súa polivalencia, con capacidade para actuar tanto no centro do campo como nos laterais. Ademais, ten un gran trato de balón, un enorme poderío físico para cubrir todo o campo e é moi intelixente tacticamente. A todo iso, suma a súa experiencia, calidades que levaron á dirección deportiva do club a afrontar a súa fichaxe.

O Compos refórzase, por tanto, cun líder, dentro e fóra do campo, que cumprirá a súa décimo cuarta campaña na Segunda B – Segunda RFEF.

A carreira deportiva de Antón de Vicente arrincou no Coruxo, xogando o seu primeiro ano en Terceira División. De Vigo daría o salto, ao ano seguinte, ao Racing de Ferrol, xa en Segunda B, equipo co que disputaría 16 encontros. Un breve paso pola cidade departamental con viaxe de regreso a Vigo, de novo, para o Coruxo, tralo seu ascenso á división de bronce do fútbol nacional. Nesta segunda etapa, disputou 32 e 34 partidos, en dúas grandes campañas.

Volvería saír do Vao, aínda que esta vez máis preto, debido a que ficharía no RC Celta B. Como celeste, no seu primeiro ano, en Terceira División, xogouno todo, 36 encontros, e logrou o ascenso a Segunda B, na que xogaría outros 35 partidos.

Do Celta deu o paso ao Burgos, tamén en Segunda B, onde xogaría 19 encontros na primeira volta, para regresar a Galicia, na segunda parte da tempada, enrolándose no Somozas. Alí xogou 14 partidos nesa segunda volta e 35 ao ano seguinte.

E tras esa viaxe exitosa, Antón de Vicente regresou, de novo, ao Coruxo, iniciando alí a súa terceira etapa no club, un periplo que prolongou ata este verán. Sete campañas nas que se converteu nun emblema no Vao, demostrando a súa calidade no terreo de xogo, cun magnífico rendemento, pero tamén as súas dotes de capitán.

Nestas sete tempadas, todas elas en Segunda B – Segunda RFEF, disputou, por esta orde, 36, 38, 35, 28, 26, 32 e 33 partidos, sendo os cursos con menos participación o que se parou polo covid, co Coruxo nunha extraordinaria quinta posición e pelexando polo playoff, e a posterior liga reducida, marcada polas restricións.

Por tanto, aterra na capital galega un futbolista con nin máis nin menos que 413 partidos na Segunda B, unhas cifras que seguirá ampliando na SD Compostela.

Coa súa incorporación, o Compos conta xa con doce xogadores con contrato en vigor para a Tempada 23/24: Pato, Borja Rey, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Elliot e Parapar.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de liga na nosa casa! 💪Os nosos descansan hoxe e regresarán mañá aos adestramentos para preparar o encontro deste sábado no Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.