Gran vitoria, superando as adversidades, na Copa Federación

3 de Outubro de 2024
Celebración da SD Compostela tras lograr o pase a cuartos de final da Copa Federación
Momento da suspensión do partido contra o Lealtad na xornada do mércores
Once do Compos no partido de Copa Federación contra o Lealtad
  • O Compos está a un partido da Copa do Rei tras vencer ao Lealtad por 0-2

Villaviciosa, 2 de outubro de 2024

Custou máis de 24 horas, pero a SD Compostela está a tan só un partido de clasificarse para a Copa do Rei. Os nosos superaron por 0-2 ao Lealtad nunha eliminatoria de Copa Federación marcada pola suspensión de onte pola falta de visibilidade das liñas. Na continuación, esta tarde, o Compos foi superior e logrou o pase con dous goles na segunda metade.

O equipo branquiazul demostrou a súa superioridade tanto nos primeiros 18 minutos de onte, nos que sobre o campo encharcado tivo ata tres opcións claras de marcar gol, todas elas desbaratadas por Damián; como esta tarde, no que, nun escenario totalmente diferente, levou o peso do partido para dominar as áreas e o resultado.

O partido decidiuse no segundo tempo, cando os nosos fixeron valer a súa pegada. Pasada a hora de xogo, Carlos Cinta marcaba un golazo que puña ao Compos por diante. O ariete, que se estreou como goleador coa SD Compostela, recibiu de costas e, virándose, mandou un tiro potente coa zurda que se coou na rede.

E xa na recta final, cun Lealtad máis envorcado, os nosos aproveitaron unha contra para sentenciar. Hugo Matos guiou a carreira e cedeuna para Landeira que, con temperanza, controlou e superou ao porteiro. 0-2 e o segundo tanto do canteirán nesta semana.

Ademais, na recta final tamén se viviu o debut, nesta tempada, de Jorge Sálamo.

Coa vitoria o Compos clasificouse para cuartos de final da Copa Federación, eliminatoria na que se xogará un billete para a Copa do Rei. O rival será o Sestao River, de Primeira Federación, un duelo que se disputará en Las Llanas o vindeiro mércores 9 de outubro. Antes, este domingo, novo partido de liga, neste caso no Vero Boquete, contra o Escobedo.

FICHA TÉCNICA

0 – CD LEALTAD: Damián; Pedro Bayón, Omar Hernández, Mateo, Iván Amandi; Marcos Blanco, Babafemo (J. Layman, min. 70); Jorge, Jaime Felgue (Saha, min. 63), Samu Yerpes (Óscar, min. 70); e Álvaro Viña.

2 – SD COMPOSTELA: Iago Domínguez; Roque, Kike, David Soto, Ocaña (Manu Rivas, min. 57); Samu (Álvaro Casas, min. 63), Trasi; Giuliano, Óscar Gil (Santi de Prado, min. 57), Landeira (Sálamo, min. 80); e Carlos Cinta (Hugo Matos, min. 63).

GOLES: 0-1: Carlos Cinta, min.62; 0-2: Landeira, min.80.

ÁRBITRO: García Presa (León). Amoestou a Mateo, polo Lealtad; e a Carlos Cinta e Manu Rivas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal Les Caleyes (Villaviciosa). Oitavos de Final da Copa Federación. O partido disputouse en dous días trala cancelación do primeiro encontro por falta de visibilidade das liñas do campo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de liga na nosa casa! 💪Os nosos descansan hoxe e regresarán mañá aos adestramentos para preparar o encontro deste sábado no Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.