O Compos consegue a primeira vitoria en Luanco

30 de Setembro de 2024
Manu Rivas celebra o seu gol, o segundo que marca esta tempada
Celebración do Compos tras un dos goles en Luanco
Xoel e Landeira, que entraran na segunda metade, celebran o tanto do segundo para o Compos
Landeira estreouse como goleador coa camiseta da SD Compostela
  • O Compos conseguiu a vitoria en Liga tras vencer 0-2 ao Marino nun partido moi serio

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2024

Tras cinco xornadas, a SD Compostela conseguiu a primeira vitoria en liga. Nun partido moi serio, demostrando solidez atrás e pegada en ataque, o Compos logrou os tres puntos en Luanco. 0-2 final contra o Marino para recuperar sensacións, escalar posicións na táboa e encarar con moita máis forza unha nova semana de dobrete.

Para conseguir os tres puntos, os nosos realizaron un partido moi completo, tapando á perfección calquera acometida local, o que provocou que Rabanillo non tivese que realizar ningunha parada.

Pola súa banda, en ataque, a diferenza do partido contra o Langreo, o Compos foi moito máis efectivo. Na primeira que tiveron xa se puxeron por diante e, a partir de aí, o equipo creceu.

O primeiro tanto foi obra dun entoado Manu Rivas que, esta vez de extremo, volveu ver porta na liga. Pasada a media hora de xogo, o canteirán compostelanista recibiu ao espazo unha gran asistencia de Fer Cano e definiu cruzado ante a saída de Dennis.

Con vantaxe no luminoso, xa na segunda parte, o Compos levou o tempo do partido, contando con ocasións para ampliar a vantaxe, en especial nas botas dun omnipresente Santi de Prado, pero ou ben a defensa ou ben o porteiro desbarataron as súas tentativas. En todo caso, o Marino tamén tivo as súas, cun gol anulado por fóra de xogo e un disparo arriba de Lora como as máis claras.

Por iso, chegouse á recta final con vantaxe mínima do Compos, uns últimos minutos nos que chegaría a sentenza. Foi no 89 e de novo grazas a un gol dun canteirán branquiazul. Landeira, que entrara por Manu Rivas, recolleu a pelota en tres cuartos de campo, avanzou entre os defensas, aguantou a acometida dun defensor e definiu á perfección, desde o punto de penalti, ante a saída do porteiro. 0-2 e primeiro gol do polivalente atacante compostelanista.

Así, chegouse ao final do duelo, logrando o Compos un triunfo máis que necesario. A primeira vitoria que, unida ao pase de rolda en Copa, impulsa de moral aos nosos. Agora, toca unha nova semana de dobrete: o mércores, partido de Copa RFEF, contra o Lealtad en Les Caleyes; e o domingo ás 16.30 horas, no Vero Boquete, contra o Escobedo, unha nova xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

0 – MARINO DE LUANCO: Dennis; Borja Álvarez, Orfila, Morcillo, Tejera; Nacho Matador (Adolfo, min. 78), Lora, Guille Pinín; Isma Cerro (Miguel Cuesta, min. 69), Diego Díaz (Óscar, min. 46) e Alex Alemán (Estébanez, min. 88).

2 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; Santi de Prado, Roque, Kike, Pablo Crespo (David Soto, min. 46), Ocaña; Álvaro Casas (Trasi, min. 83), Samu; Fer Cano (Carlos Cinta, min. 64), Manu Rivas (Landeira, min. 73) e Hugo Matos (Pablo Antas, min. 83).

GOLES: 0-1: Manu Rivas, min.33; 0-2: Landeira, min.89.

ÁRBITRO: Pacheco Cotero (Cantabria). Amoestou a Kike e Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal de Miramar (Luanco). Xornada 5 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 600 espectadores, cunha importante presenza de seguidores branquiazuis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.