Pasamos na Copa Federación coa primeira vitoria

26 de Setembro de 2024
Unha acción do xogo en A Vidreira
Celebración do gol de Fer Cano, clave para o pase a oitavos da Copa Federación
Iago Domínguez fixo o seu debut na portería nesta tempada
Once do Compos contra o Vimenor nos dezaseisavos de final da Copa Federación
  • Os branquiazuis superaron por 0-1 ao Vimenor, con gol de Fer Cano, e xa están en 1/8 da Copa Federación

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

A SD Compostela rompeu co seu maleficio de inicio de ano superando a rolda de 1/16 de final da Copa Federación. Os nosos conseguiron a primeira vitoria da tempada en Cantabria, contra o Vimenor, grazas ao solitario gol de Fer Cano á media hora de xogo. Agora, en oitavos, mediranse ao Lealtad, o vindeiro mércores, en terras asturianas.

O primeiro triunfo branquiazul chegou nun partido no que os nosos mostraron boas sensacións, continuando a liña do encontro contra o Langreo, e máis contundencia nas áreas. Atrás, deixaron a portaría a cero por primeira vez na campaña, no que era o debut de Iago Domínguez baixo paus. Mentres tanto, arriba, a pesar de non aproveitar todas as ocasións xeradas, o gol marcado foi suficiente para conseguir o pase á seguinte rolda da Copa Federación.

O tanto de Fer Cano, primeiro para el coa camiseta do Compos, chegou nunha acción de córner, aproveitando o mediapunta un balón morto na área pequena. Na acción, rematou Kike no segundo pau, tocou Pablo Crespo no primeiro e caeulle a Fer, no centro, para, virándose, fusilar ao fondo da rede.

Do mesmo xeito, o duelo contra o Vimenor de Copa Federación tamén nos deixou os debuts na campaña de, ademais de Iago, Trasi e Balsa, quen callaron unha boa actuación.

Esta vitoria supón un golpe anímico para os branquiazuis que xa encaran unha nova xornada de liga, este domingo, ás 17.00 horas, contra o Marino de Luanco en Miramar. Un duelo no que buscarán o primeiro triunfo na competición ligueira.

FICHA TÉCNICA

VIMENOR CF: Fonso Liaño; Fran de Cos, Ruizca, D. Pelayo, Joan Martín; Dosal (Iván, min. 63), Jaime; Bruno Pascua (Sergio, min. 70), S. Pelayo (S. Rodríguez, min. 83), Laro Setién (A. Puente, min. 83); Vitali (Palazuelos, min. 63).

SD COMPOSTELA: Iago Domínguez; Óscar Gil (Santi de Prado, min. 55), Kike, David Soto, Pablo Crespo, Manu Rivas (Ocaña, min. 55); Álvaro Casas, Trasi; Fer Cano (Hugo Matos, min. 83), Giuliano (Samu, min. 69) e Landeira (Balsa, min. 83).

GOLES: 0-1: Fer Cano, min. 30.

ÁRBITRO: Barrio Salas (Áraba). Amoestou a Ruizca, D. Pelayo, Fran de Cos, Laro Setién e A. Puente, polo Vimenor; e a Álvaro Casas e Santi de Prado, pola SD Compostela.

INCIDENCIAS: Campo de Fútbol A Vidreira (Vioño de Piélagos). Dezaseisavos de final da Copa Federación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.