Fer Cano, un reforzo de primeira para a mediapunta

8 de Agosto de 2024
  • O interior dereito valenciano Fer Cano chega do Tarazona, de Primera RFEF, e firma por 1 tempada

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024

Fernando Cano Alcantarilla (Valencia, 14/02/95), máis coñecido como Fer Cano, é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O mediapunta de 29 anos chega desde o Tarazona, de Primera RFEF, para reforzar o ataque branquiazul. Firma por 1 tempada.

Fer Cano é un interior dereito que destaca pola súa capacidade para o último pase. Un futbolista, que tamén pode actuar como enganche, que aportará calidade e visión de xogo ao ataque do Compos, ademais da súa ampla experiencia na Segunda División B.

Estas características adáptanse á perfección ao perfil que estaba buscando a dirección deportiva da SD Compostela para reforzar a zona ofensiva do equipo, polo que decidiu afrontar a súa fichaje.

Fer Cano chega a Santiago tras un ano con moito protagonismo no Tarazona, co que xogou 30 partidos, entre liga e Copa do Rei, nos que ademais anotou 3 goles.

O novo futbolista da SD Compostela formouse nas categorías inferiores do Valencia CF, permanecendo no seu filial 3 tempadas, desde o que deu o salto ao RCD Mallorca, onde alternou o filial co primeiro equipo, acadando un ascenso á Segunda División.

A tempada 2018-19 incorporouse á disciplina do Lleida Esportiu de 2ªB, onde permanecería 3 campañas, a última delas anotando 6 tantos. Pechada esa etapa, na 21/22 firmaría na UD Logroñés, de Primera Federación, pasando o curso siguiente polo Calahorra, tamén de 1ª RFEF, e o Melilla, de Segunda RFEF.

Fer Cano chega a Compostela con moita ilusión e moitas gañas de demostrar o seu extraordinario nivel no Vero Boquete. E para iso, incorporarase xa á pretempada.

¡Benvido, Fer Cano!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.