Xoel Trasancos ascende ao primeiro equipo

12 de Agosto de 2024
  • Xoel Trasancos, que xa contou con minutos o curso pasado, sobe desde o filial tras unha gran pretempada

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2024

Xoel Trasancos Atadell (Viveiro, 29/09/2003) é novo xogador do primeiro equipo da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O canteirán compostelanista sobe ao primeiro equipo tras destacar na Canteira Picheleira, chegando a debutar en Segunda RFEF o pasado ano. Firma por unha tempada.

Xoel Trasancos é un mediocentro con gran despregamento físico, con capacidade organizativa e moita intelixencia táctica. Unhas calidades que veu demostrando nos últimos anos e que lle abriron as portas do primeiro equipo do Compos.

Neste sentido, o seu rendemento previo, así como o seu bo papel na pretempada actual, permitíronlle gañarse un oco no plantel compostelanista. Un novo reforzo para o centro do campo que chega desde a Canteira Picheleira.

O novo mediocentro viveirense sobe ao primeiro equipo tras dúas campañas no Sigüeiro, nas que foi peza capital do centro do campo. No seu primeiro ano sénior disputou 36 encontros, 33 deles como titular; e no segundo, 29 partidos, 26 de inicio.

Ademais, o pasado curso foi convocado co Compos na Segunda RFEF en cinco partidos, disputando minutos en dous deles, ambos no Vero Boquete de San Lázaro, deixando unha gran impresión. Do mesmo xeito, xa disputara partidos tamén na pasada preparación estival.

Anteriormente, en categorías inferiores, Xoel Trasancos desenvolveu a súa etapa formativa na base do Lugo e do Viveiro, chegando ao Conxo no último ano xuvenil, coincidindo co seu traslado a Santiago por estudos. En Liga Nacional, con Antón Permuy como adestrador, demostrou as súas grandes calidades, abríndolle as portas do filial compostelanista e, agora, do primeiro equipo.

Con moita ilusión e con gañas de seguir demostrando o seu nivel, Xoel Trasancos continuará o seu crecemento deportivo nas filas do Compos.

Parabéns, Xoel!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.