O Dr. Adrián Gallego, novo xefe dos servizos médicos

8 de Agosto de 2024
  • Adrián Gallego traballará xunto co seu equipo médico especializado en lesións relacionadas co deporte

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024

O traumatólogo deportivo Dr. Adrián Gallego será o novo xefe dos servizos médicos da SD Compostela para a Tempada 2024/25. Acompañarano, á fronte do tratamento do club, todo o seu equipo profesional especializado en medicina deportiva.

O doutor Adrián Gallego conta cunha dilatada experiencia no ámbito da traumatoloxía deportiva relacionada con distintos deportes. Esta levoulle a ser a día de hoxe o xefe dos servizos médicos do Noia Fútbol Sala, S.D. Sarriana, Club de Remo Cabo de Cruz, Club Halterofilia A Coruña, Rotogal Boiro Voley; traumatólogo de referencia do Burela Pescados Rubén, así como médico da Real Federación Española de Fútbol, coa que viaxa internacionalmente en varias ocasións ao longo do ano.

A súa profesionalidade e capacidade son claves para que actualmente os seus coñecementos e a súa experiencia profesional sexan das máis cotizadas no panorama deportivo actual de distintos ámbitos e disciplinas.

Adrián Gallego é actualmente moi recoñecido na especialidade da traumatoloxía deportiva, xa que aplica técnicas cirúrxicas moi innovadoras e de moi baixo impacto, polo que deportistas de todas as disciplinas, tanto nacionais como internacionais, recorren a el buscando garantías de éxito. Ademais de que o tempo de recuperación no postoperatorio das distintas intervencións chega a reducirse excepcionalmente.

Gallego obtivo distintos recoñecementos nacionais como o Premio Medicina Século XXI dentro da súa especialidade, así como galardóns xeneralistas que non fan máis que reforzar a súa calidade humana e médica.

Más información sobre o Dr. Gallego: 

  • É Licenciado en medicina e cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela).
  • Diploma FIFA en medicina do fútbol.
  • Máster Universitario en Patoloxía do Aparello Locomotor pola Universidade de Xaén.
  • Máster Universitario en Actualización en Cirurxía ortopédica e traumatoloxía pola Universidade CEU Cardeal Herrera.
  • Curso actualización e recertificación en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía SECOT (Sociedade Española Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía).
  • No momento actual, realizando doutoramento: “Papel do P.Acnes na dexeneración discal” pola Universidade de Santiago de Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.