HM Hospitales renova o seu apoio á SD Compostela

18 de Outubro de 2024
Antón Permuy, Rafael Silva, Dr. Pablo Asensio, Diego González y Miguel Fernández en el acto de esta mañana en HM Hospitales
  • HM Hospitales continúa sendo patrocinador oficial do Compos e da cobertura médica dos seus integrantes e corpo técnico

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024.

A atención médica é un factor indispensable na saúde e no rendemento dos deportistas, por iso HM Hospitales acaba de renovar un ano máis o seu acordo de colaboración coa S.D. Compostela para a tempada 2024-2025. Fai once tempadas estas dúas entidades uniron os seus camiños e foron fortalecendo dita colaboración co paso dos anos, como quedou patente hai uns meses coa realización dos recoñecementos médicos de pretemporada do primeiro plantel do club en HM Rosaleda.

Durante o acto de firma de renovación do acordo, celebrado esta mañá no Hospital HM Rosaleda, o director médico de HM Hospitales en Santiago de Compostela, Dr. Pablo Asensio, puxo de manifesto o firme compromiso de HM Hospitales co deporte galego, neste caso co fútbol, que prestará a través da actividade asistencial e os recoñecementos médicos do club. “Desde HM Hospitales estamos firmemente comprometidos co coidado dos nosos pacientes e a promoción dun estilo de vida saudable, cremos que o deporte é fundamental no benestar das persoas, incluídos os integrantes dos clubs deportivos da nosa cidade, é parte crucial do noso propósito”, sinalou o director médico, quen tamén aproveitou para desexarlle éxitos e bos resultados ao equipo compostelán para esta tempada.

Pola súa banda, o director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva, puxo de relevo a necesidade de impulsar proxectos locais como este “que enriquecen en gran medida a nosa sociedade cos seus valores, ao mesmo tempo que reúnen no Vero Boquete de San Lázaro a nenos, adultos e maiores para gozar, divertirse e participar dunha actividade tan importante para a nosa saúde como é o deporte”.

Desde o club tamén mostraron a súa satisfacción coa renovación do acordo un ano máis. “Para o Compos é un orgullo contar, tempada tras tempada, co apoio e a experiencia dun Grupo como HM Hospitales. E non só iso, xa que sabemos que, se a algún dos nosos xogadores se lesiona, estará nas mellores mans, sendo atendido polos mellores profesionais e coa tecnoloxía máis avanzada do mercado”, subliñou Miguel Fernández, xerente da S.D. Compostela.

Nesta mesma liña expresouse o adestrador Antón Permuy, que destacou, en nome de todo o corpo técnico e do persoal, o bo trato e a rápida atención que reciben sempre nas instalacións de HM Hospitales, “grazas por estar sempre aí, o voso labor é fundamental para que os nosos xogadores se recuperen adecuadamente e rápido.

Ao acto de renovación do acordo asistiron o director médico de HM Hospitales en Santiago, Dr. Pablo Asensio; o director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva; o xerente do club, Miguel Fernández; o adestrador, Antón Permuy; e o xogador Diego González.

HM comprometido co deporte compostelán.

O acordo coa S.D. Compostela súmase á firma do convenio co Monbus Obradoiro, que tivo lugar hai unha semana, o que reflicte o compromiso de HM Hospitales co deporte local. Desta forma, este Grupo hospitalario continúa sendo patrocinador oficial dos principais equipos composteláns e seguirá sendo o responsable dos recoñecementos médicos e a cobertura sanitaria dos xogadores, xogadoras e corpo técnico dos devanditos equipos.

“Desde HM Hospitales consideramos fundamental apoiar aos clubs deportivos da nosa cidade que son un magnífico exemplo de esforzo, sacrificio, solidariedade e paixón, valores que chegan a moita xente nova e promoven entre a poboación uns hábitos de vida saudables que todos deberiamos seguir”, sinalou o director médico de HM Hospitales en Santiago de Compostela, Dr. Pablo Asensio.

HM Hospitales.

HM Hospitales é o Grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional, baseando a súa oferta na excelencia asistencial engadida á investigación, á docencia, á constante innovación tecnolóxica e á publicación de resultados.

Dirixido por médicos e con capital 100% español, conta na actualidade con máis de 6.500 traballadores laborais que concentran os seus esforzos en ofrecer unha medicina de calidade e innovadora centrada no coidado da saúde e o benestar dos seus pacientes e familiares.

HM Hospitales está formado por 49 centros asistenciais: 21 hospitais, 3 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardioloxía e Neurociencias, 3 centros especializados en Medicina da Reprodución, Saúde Ocular e Saúde Bucodental, ademais de 22 policlínicos. Todos eles traballan de xeito coordinado para ofrecer unha xestión integral das necesidades de saúde dos seus pacientes.

Actualmente, HM Hospitales en Galicia dispón de 4 hospitais con máis de 250 camas e 23 quirófanos que responden a tódalas especialidades médicas e cirúrxicas, e conta coa máis avanzada tecnoloxía de diagnóstico por imaxe. Destacan a UCI de adultos e neonatal, os servizos de urxencias 24 horas e urxencias pediátricas, a medicina nuclear e HM Fertility Center entre outros. Estes recursos engádense aos do resto do grupo no conxunto de España, todos eles coa maior cualificación técnica e humana.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.