Vitoria revitalizante na casa, a primeira na Liga

21 de Outubro de 2024
Os xogadores do Compos celebran o tanto da vitoria, obra de Hugo Matos
Hugo Matos, protagonista do partido contra o Guijuelo, co marcador de 1-0 ao fondo
Paradón de Rabanillo para evitar o gol do seu exequipo, o Guijuelo, no último minuto do partido.
Os xogadores do Compos celebran a vitoria final contra o Guijuelo, a primeira na casa nesta Liga.
  • O Compos conseguiu, por fin, o primeiro triunfo como local na liga: 1-0, contra o Guijuelo

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2024

E por fin chegaron os 3 puntos. Na mesma semana na que se logrou o primeiro triunfo da tempada na casa, coa vitoria ante o Poblense na Copa Federación, tamén se conseguiu a primeira na Liga. 1-0 contra o Guijuelo, para levantar a cabeza e impulsarse animicamente.

O triunfo chegou deixando a portería a cero, como en Luanco, un duelo no que houbo que sufrir, pero no que o peso e a maior parte das ocasións foron branquiazuis.

Por parte compostelanista, o xogador que máis perigo levou, cos seus desequilibrios e as súas aparicións entre liñas, foi, unha vez máis, Hugo Matos. O extremo callou un partidazo e, ademais, tamén anotou o tanto da vitoria, transformando á perfección un penalti que el mesmo provocou.

Foi o seu primeiro tanto da campaña, cifra que non se incrementaría por pouco, xa que tivo máis accións de moito perigo para aumentar a vantaxe, especialmente unha xogada polémica, na que foi derrubado outra vez dentro da área, coa que se pechou a primeira metade.

Ademais de Hugo, tamén Carlos Cinta, á media hora, ou Manu Rivas, nada máis arrincar a segunda metade, puideron ampliar o marcador en favor do Compos, pero Guzmán tapoulles todos os ocos e non puideron mandar a pelota á rede.

Por iso, con vantaxe mínima, os últimos minutos pasaron moi lentos para os intereses branquiazuis. Aínda que os nosos se defenderon ben, o Guijuelo tería a súa no último minuto, cunha cacholada de Sillero que un espléndido Rabanillo sacou da escuadra.

Así, chegouse ao final e a bancada do Vero Boquete estalou de xúbilo. Por fin chegara a vitoria que todos desexaban. Tres puntos moi traballados, merecidos e deixando a portería a cero, gran obxectivo dos nosos para impulsarse na clasificación.

Agora, tras moitas semanas de dobre partido, tocará unha semana limpa para repor forzas e encarar o esixente duelo deste próximo sábado contra o Real Avilés Industrial, ás 18.00 horas no Estadio Román Suárez Puerta.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: J. Rabanillo; Roque, David Soto, Ocaña, Manu Rivas (Pablo Crespo, min.64); Santi de Prado, Selasi (Samu, min.84), Álvaro Casas (Pablo Antas, min.64), Fer Cano (Landeira, min.84); Hugo Matos e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.72).

0 – CD GUIJUELO: J. Guzmán; Montes, Javi H., Ezkurdia, Boigues; Expo Jr, Fran López (Sillero, min.73), Cristóbal; Garban (Morales, min.60), Carmona (Kike López, min.46) e Pana.

GOLES: 1-0: Hugo Matos (p.), min.38.

ÁRBITRO: Morato Vega (A Rioxa). Amoestou a David Soto, Carlos Cinta, Hugo Matos, Pablo Antas, Landeira, Samu e Santi de Prado, polo Compos; e a Cristóbal e Pana, polo Guijuelo.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido da Xornada 8 de Liga do Grupo 1 da Segunda Federación disputado ante 1.345 espectadores. Antes do encontro gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de María Rosa Pais, abonada número 49 do club e secretaria da Peña Fonte Sequelo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.