Volver: a campaña para un partido da Copa que apunta ao cheo

23 de Outubro de 2024
Presentación da campaña 'Volver' en Área Central.
  • Xa van vendidas máis de 3.000 entradas para un duelo no que con ‘Volver’ e o regreso dun equipo de Primeira ao Vero Boquete haberá moitas accións promocionais

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Volver. Co obxectivo de “Volver ilusionarnos”, de “Volver ao Vero Boquete”, de “Volver ver un partido de Primeira División en Santiago”, a SD Compostela lanza unha campaña especial para a eliminatoria de Copa do Rei contra o Deportivo Alavés. O partido histórico, que apunta ao cheo, traerá consigo unha serie de accións promocionais por parte do club, para que o martes 29 sexa unha festa do fútbol.

Por este motivo, esta mañá, en Área Central, patrocinador deste encontro especial, levouse a cabo a presentación da Campaña “Volver”, na que se presentaron algunhas das accións promocionais e nas que se explicou a actualidade que rodea ao encontro do próximo martes ás 19.00 horas no Vero Boquete.

Na presentación estiveron presentes Miguel Fernández, xerente do club, acompañado por Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago; Sara Castedo, xerente de Área Central; e Pablo Iglesias, xestor comercial de Mahou en Galicia.

 

Entradas.

Como sinalou Miguel Fernández, xerente do club, o ritmo de venda é altísimo. Xa van vendidas máis de 3.000 entradas a falta de case unha semana para o partido.

Neste sentido, lembrou a todos os abonados que teñen que retirar a súa entrada antes deste venres 25 ás 15.00 horas, xa que despois habilitarase o seu asento para o público xeral. É o límite tamén para adquirir a entrada con prezo reducido.

Cabe sinalar tamén que os medios para adquirir as entradas son a Oficina do Club (de 9.30 a 15.00, de luns a venres), a Tenda Oficial (de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas) e sobre todo, por comodidade e rapidez, a Billeteira Online: https://sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/.

Destacar tamén que, para abonados, o proceso é automático e realízase en apenas uns minutos.

 

Unha festa do fútbol.

Con motivo de que volvemos vivir un partido deste calibre en Santiago, moitas serán as accións para que o martes sexa unha festa, unha gran noite para gozar e, tamén, para soñar cunha vitoria. Un encontro que, con toda a infraestrutura que rodea, será de Primeira, un duelo que será emitido internacionalmente.

Grazas ao patrocinio de Área Central, o centro comercial convidará a todos os clubs da comarca para que poidan asistir ao partido, comprando un lote de entradas que xa se están repartindo.

Do mesmo xeito, da man de Mahou, haberá un agasallo especial para todos os abonados, un agasallo de Primeira que se presentará o vindeiro luns e que se entregará no mesmo día de partido.

Ademais, haberá actividades para os máis pequenos, con pintacaras, globos, xogos… para que sexa máis que un partido de fútbol.

 

Merchandising especial

Con motivo da visita do Deportivo Alavés, tamén se realizará unha bufanda conmemorativa do duelo e porase tamén á venda a camiseta do Compos co parche oficial da Copa do Rei (unidades limitadas).

Ambas prendas de merchandising estarán á venda unicamente o día de partido nos espazos que se habilitarán nas tres zonas abertas do estadio.

 

Asentos e accesos.

Con motivo da alta afluencia de público, para o partido abriranse dúas portas de acceso en cada bancada. Ademais, haberá controladores suficientes para un partido destas características.

E tamén informadores dentro do Estadio. E é que para este partido xa estarán numerados os asentos do Vero Boquete de San Lázaro (a excepción do Fondo), polo que cada persoa deberá sentar no seu asento.

 

Iluminación.

Tanto Miguel como a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, puxeron en valor o esforzo realizado para que o partido se puidese levar a cabo no Vero Boquete. Nesta liña, nun tempo récord, realizouse unha obra de mellora da luminaria do Estadio.

Grazas ao esforzo de Moonoff e Grúas Norte, ambos patrocinadores do club, así como de Clece e o departamento de Deportes, púidose executar a obra necesaria para que a iluminación cumpra cos estándares de calidade que esixe a Real Federación Española de Fútbol.

Unha mellora puntual que se manterá ao longo da tempada, mellorando a visibilidade dos partidos que se xogan con luz artificial en Santiago.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, derbi na nosa casa para recuperar a senda do triunfoPatrocinado por Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud 🤝🩵🤍 ⚽️ 𝐗𝟏𝟏🆚 CF Noia 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Xeral: 12€ | Menores de idade: 2€📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🤝 Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud, novo responsable dos servizos médicos integrais do Compos 👉 O centro sanitario compostelán, do Grupo SCQ Salud e situado na praza de Galicia, coidará do benestar dos nosos xogadores 👨‍⚕️ Están especializados nunha atención médica integral de calidade e contan cun grupo de profesionais altamente cualificados Benvidos ao Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana de traballo para preparar un novo partido na nosa casa🏟️ Entre as sesións, os nosos terán mañá un amigable contra a Selección Real Federación Galega de Fútbol - Futgal en Ordes#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 Un penalti no último minuto evita o triunfo do Compos en Vilalba (2⃣-2⃣)👉 sdcompostela.com/gl/2025/11/09/compos-villalbes-2-2-vilalba/ℹ️ Os nosos seguen no máis alto e invictos📸 Nacho Castaño #villalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.