Un punto de moito valor nun feudo inexpugnable ata hoxe

27 de Outubro de 2024
Carlos Cinta laméntase dunha das súas ocasións falladas
Hugo Matos volveu ser un demo en ataque, moi desequilibrante no ataque do Compos
Fer Cano, ante Álvaro, nunha das mellores ocasións do partido para o Compos
Carlos Cinta bota as mans a cabeza ao ver que o liña anula o seu gol
Once do Compos no Román Suárez Puerta
Rabanillo volveu deixar a portería a cero por segunda xornada consecutiva
  • O Compos empatou 0-0 no Román Suárez Puerta nun duelo no que mereceu mellor sorte

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2024

A SD Compostela vai a máis. Os nosos sacaron un punto de moito valor do Román Suárez Puerta, un campo inexpugnable ata o día de hoxe. Un empate, 0-0, que ben puido ser unha vitoria se non ser polos paus e a incrible actuación do porteiro local.

A pesar de xogar contra un rival que estaba a pelexar polo liderado e nun dos campos máis complicados da categoría, o Compos xogou sen complexos e demostrou o seu fútbol, sendo moi dinámico en ataque e sólido atrás.

Só un chisco de mala fortuna evitou que a contenda non se marchase para Santiago. E é que, na primeira metade, superado o primeiro cuarto de hora de tenteo, o Compos deu un pase adiante e atopouse, ata en catro ocasións, só diante de Álvaro. Con todo, Hugo Matos e Carlos Cinta topáronse co traveseiro e o pau, respectivamente; mentres que Fer Cano e Manu Rivas fixérono co porteiro, cando xa se cantaba o gol.

Na segunda parte, a contenda estivo máis igualada, pero iso non evitou que Fer Cano volvese gozar dunha ocasión inmellorable, xa na recta final, pero nun novo man a man, atopouse coa parada do meta local.

Pola súa banda, en clave defensiva, Rabanillo, moi seguro na xornada de hoxe, volveu deixar a portería a cero por segunda xornada consecutiva. O gran traballo defensivo e as súas boas accións, cando tivo que intervir, permitiron que o Compos aguantase sen encaixar. A destacar, especialmente, un despexe cos pés nunha contra de Alarcón e unha voada a disparo afastado de Bautista.

Con este punto, os nosos seguen crecendo na liga, saíndo dos postos de descenso directo e, sobre todo, mellorando nas sensacións mostradas sobre o verde. Agora tocará unha semana de dobre partido na casa. O martes, a gozar da Copa do Rei contra o Deportivo Alavés, equipo de Primeira División; e o domingo, derbi contra o Coruxo para tentar conseguir outros tres puntos na casa.

FICHA TÉCNICA

0 – REAL AVILÉS INDUSTRIAL: Álvaro Fernández; Soler, Luis Martínez, J.C. Babin, Osky; Rubén Alarcón (Eric Callís, min.76), Jose Martínez, Kevin Bautista, Davo (Nico Fernández, min.89); Javi Cueto (Mecerreyes, min.60) e Natalio (Sergio García, min.60).

0 – SD COMPOSTELA: J. Rabanillo; Santi de Prado; Roque, Pablo Crespo (David Soto, min.85), Ocaña, Manu Rivas; Álvaro Casas (Samu, min.85), Selasi, Fer Cano (Landeira, min.89); Hugo Matos (Giuliano, min.85) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.87).

ÁRBITRO: Sánchez Ingidua (Castela e León). Amoestou a Jose Martínez, polo Avilés; e a Hugo Matos, Carlos Cinta e Giuliano, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés). Jornada 9 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputada ante 1.511 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria do exxogador do Avilés Manuel Ángel Matabuena e do seu abonado número 9, José Ramón Menéndez, recentemente falecido.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.