O Compos cae en Copa con orgullo

29 de Outubro de 2024
Os xogadores do Compos, logo do gran esforzo do partido, aplaudidos pola afección
Fer Cano, regateando a un rival, no partido de Copa contra o Deportivo Alavés
Manu Barreiro, co brazalete, conducindo un balón
Hugo Matos, que se retirou lesionado, tivo unha das mellores ocasións do partido, nos primeiros minutos
Iago Domínguez estivo moi serio durante todo o partido
Manu Barreiro, exxogador do Alavés, disputando un balón contra un rival no partido de Copa do Rei
Manu Rivas levou moito peligro pola banda esquerda con cada unha das súas subidas
Santi de Prado, moi activo na banda, nunha das súas subidas pola banda
Iago Domínguez, despexando un balón co puño
Diego, que reapereceu, nun lance do partido
Aplauso da afección aos nosos tralo partido de Copa do Rei
  • Derrota 0-1 ante o Alavés nun partido de Copa no que o Compos competiu ata o final

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

A SD Compostela quedou eliminada da Copa do Rei, pero fíxoo coa cabeza alta, cunha mostra de carácter contra todo un equipo de Primeira División nun partido para o recordo. 0-1 final contra o Deportivo Alavés.

Foi unha eliminatoria de Copa moi igualada, coma se non houbese diferenza de categoría entre ambos conxuntos. Para facelo posible, os nosos demostraron moita garra, valentía e coraxe. Todo iso, unido ao alento dun Vero Boquete entregado, cun ambientazo que non se vía en anos, provocou que o duelo fose de ti a ti.

Ao final, decidiu o solitario gol do Alavés aos 12 minutos, nunha acción desafortunada do Compos, con gol en propia de Kike.

Foi unha das poucas chegadas dos visitantes, xa que o Compos estivo moi serio atrás e non dubidou en irse ao ataque en canto podía. As ocasións máis claras tivéronas Hugo Matos, que se retirou lesionado, Ocaña e Santi de Prado, pero non houbo fortuna para atopar a portería de Owono.

Con todo, os 7.400 espectadores que estiveron hoxe no Vero Boquete marcháronse a casa cunha sensación de orgullo, porque o equipo deuno todo nun partido que tivo todos os alicerces dun de Primeira División.

Agora, tralo gran rendemento na Copa, e continuando coas boas sensacións das últimas semanas, tocará unha nova cita na liga, tamén no Vero Boquete, contra o Coruxo. Será o domingo ás 17.00 horas.

FICHA TÉCNICA

0 – SD Compostela: Iago Domínguez; Roque (Santi de Prado, min.73), David Soto, Kike, Ocaña, Manu Rivas; Álvaro Casas (Selasi, min.57), Diego (Samu, min.73), Fer Cano (Carlos Cinta, min.73); Hugo Matos (Landeira, min.28) e Manu Barreiro.

1 – Deportivo Alavés: Owono; Egoitz, Mouriño, Pica, M. Diarra; Luka (Blanco, min.79), Guevara (Protesoni, min.46), Jordán, Conechy (Rebbach, min.67); Stoichkov (Carlos Martín, min.86) e Villalibre (Toni Martínez, min.67).

GOLES: 0-1: Kike (p.p.), min.12.

ÁRBITRO: Busquets Ferrer (Comité Balear). Amoestou a Landeira, polo Compos; e a Guevara, Mouriño e Luka, polo Alavés.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Primeira eliminatoria da Copa do Rei disputada ante 7.400 espectadores. Antes do partido entregouse unha peza conmemorativa de acibeche ao Deportivo Alavés, entregada por Manuel Dávila, prateiro de Santiago de 90 anos.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.