Segunda vitoria seguida na casa para seguir crecendo

3 de Novembro de 2024
A SD Compostela conseguiu a segunda vitoria seguida na casa e deixou a portería a cero por terceiro encontro consecutivo
Santi de Prado estreouse na liga como goleador do Compos
O gol de Santi de Prado foi decisivo para conseguir os tres puntos na casa no derbi contra o Coruxo
Santi de Prado adica o seu gol á bancada
Selasi foi un dos xogadores máis destacados dos nosos co seu traballo no centro do campo
  • Un gol de Santi de Prado decidiu un derbi competido no que o Compos logrou tres puntos moi importantes

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2024

Vitoria moi importante para a SD Compostela, segunda seguida na casa, para seguir escalando na clasificación. O Compos superou por 1-0 ao Coruxo, cun gol de Santi de Prado, nun derbi moi igualado, conseguindo así tres puntos vitais.

A vitoria na casa, como fai quince días, conseguiuse a partir da portería a cero, a terceira seguida na liga. Moi sólidos atrás, sen recibir apenas perigo ata o último tramo do choque, os nosos aproveitaron a súa oportunidade no primeiro tempo e logo navegaron con vento a favor ata o asubío final.

O gol chegou á media hora, nunha acción a balón parado que acabou da mellor maneira. Saque en longo de Rabanillo, toque suave de Cinta para deixar o balón morto detrás dos defensas e entrada en velocidade dun Santi de Prado que encarou o porteiro e superouno cun disparo potente. Primeiro tanto para o carril na liga e segundo da tempada.

O tanto de Santi de Prado sentou ben a un Compos que soubo domar as acometidas do rival, aínda que sen percutir con demasiado perigo en área contraria ata o descanso. Esta circunstancia variou na segunda metade, chegando máis e mellor, aínda que sen acerto nos últimos metros. As máis claras tivéronas Fer Cano e Manu Barreiro, pero o primeiro atopou a Alberto e ao segundo escapóuselle unha cacholada por moi pouco.

Pola súa banda, o Coruxo apenas creou perigo. As súas opcións foron en dúas xogadas embarulladas. Un disparo de Añón, tapado por varios xogadores, que sacou Rabanillo cunha gran estirada e un golpeo de Borja, no rexeite dunha falta, que despexou ben o noso porteiro.

Por tanto, o 1-0 non se moveu e os tres puntos quedaron na casa. Triunfo moi importante para gañar confianza e manter as boas sensacións das últimas semanas. Unha vitoria crucial nunha tarde cun importante compoñente solidario, de axuda aos damnificados da DANA. Agora, tocará un novo derbi, o próximo sábado contra o  Bergantiños nas Eiroas.

FICHA TÉCNICA

1 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado, Roque, Pablo Crespo, Ocaña, Manu Rivas; Álvaro Casas (Diego, min.46), Selasi (Samu, min.85), Fer Cano (Óscar Gil, min.90+3); Giuliano (Landeira, min.69) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.69).

0 – Coruxo FC: Alberto; Terranova, Borja, Guido (Álex Rey, min.74), Álvaro F. (Pereiro, min.74), Naveira; Borja Domínguez, Willy Ibáñez; Hugo Rodríguez (El Ouatani, min.60); B. Diabaté (Insua, min.81) e Álex Pérez (Añón, min.60).

Goles: 1-0: Santi de Prado, min.31.

Árbitro: Lago Barreiro (Galicia). Amoestou a Manu Rivas, Álvaro Casas, Selasi, Ocaña, Giuliano e Roque, polo Compos; e a El Ouatani, Naveira, e Álex Rey, polo Coruxo.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 10 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.483 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos damnificados da DANA.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.