O Compos pasa á final da Copa Federación

17 de Outubro de 2024
O Compos celebrando o seu pase á final da Copa Federación tralo gol decisivo de Carlos Cinta no minuto 88
Manu Rivas felicita a David Soto pola súa gran xogada no gol decisivo dos nosos
Carlos Cinta celebrando o seu gol no partido de Copa Federación
  • O Compos superou por 3-2 ao Poblense e está na final da Copa Federación

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

O Compos está na final da Copa Federación. Houbo que sufrir, poñerse por diante ata en tres ocasións, pero os nosos conseguiron o obxectivo, logrando ademais a primeira vitoria da tempada na casa. Un triunfo moi importante e un pase a unha final inédita para o club na que os nosos buscarán o título.

No duelo de Copa Federación, o Compos saltou mellor ao Vero Boquete e aos 4 minutos púxose por diante. Pase en profundidade á perfección de Samu e picada de Santi de Prado para salvar a saída do porteiro, selando o seu primeiro tanto da tempada.

Os nosos tiveron boas ocasións para ampliar a vantaxe, en especial nas botas do propio Santi e de Hugo Matos, pero atopáronse cos grandes reflexos do porteiro. E do que puido ser unha maior renda, o que chegou foi o empate do Poblense, no 44, despois de varios avisos previos. Disparou Aitor, repeleu cunha gran man Iago, pero a pelota caeu a Alberto para empuxala.

Á volta dos vestiarios, con táboas no marcador, volveu repetirse a historia do primeiro tempo. Golpearon primeiro os nosos, no 51, grazas a un novo gol de Manu Barreiro á saída dun córner, moi parecido ao que marcou fai dez días contra o Escobedo. Colgouna Samu con música, segunda asistencia da noite, e remachouna o ariete, impoñéndose por arriba a todos os defensores.

Como no primeiro tempo, o Compos, tralo gol, tivo ocasións para ampliar a vantaxe, especialmente cun disparo de Ocaña desde a frontal que sacou o porteiro cunha gran man. Pero, de novo, o Poblense volveu igualar. Avisou cun disparo ao pau nun córner e marcou na seguinte, no 68, grazas a unha boa acción de Aitor, a súa referencia en ataque.

Con 2-2, a recta final foi de infarto, cun Compos que recuperou o mando do encontro e que se foi ao ataque para lograr a clasificación para a final da Copa Federación. Contou con dúas moi boas oportunidades para marcar nas botas de Manu Rivas, pero o gol decisivo non chegaría ata o 88, nunha contra de libro.

David Soto colleu o balón en área propia e iniciou unha carreira meteórica cara ao campo rival, abriuna para Santi de Prado, quen lla devolveu ao espazo, chegou á altura da área rival e aí puxo un servizo medido para que Carlos Cinta, coa cana posta, a mandase ao fondo das mallas. Segundo gol da tempada para o dianteiro emeritense, ambos na Copa Federación, e delirio na bancada do Vero Boquete, que estalou de xúbilo co asubío final.

O Compos está na final da Copa Federación, un duelo decisivo que disputará, fóra de casa, o 13 de novembro. O rival está aínda por coñecer, xa que a outra semifinal se xogará o vindeiro mércores 6 de novembro.

Antes, este domingo, novo reto na Liga no Vero Boquete. Será ás 12.00 horas contra o Guijuelo. Un partido transcendental no que Compos buscará trasladar a euforia de hoxe para sumar tamén o triunfo ligueiro na casa.

FICHA TÉCNICA

3- SD COMPOSTELA: Iago Domínguez; Roque, Álvaro Casas (Trasi, min.75), David Soto, Ocaña; Santi de Prado, Selasi (Manu Rivas, min.75), Samu (Pablo Antas, min.82), Landeira (Diego, min.65); Hugo Matos e Manu Barreiro (Carlos Cinta, min.65).

2 – UD POBLENSE: Sabater; Salvá, Payeras, Pep Vidal, Suasi (Cifré, min.81); Dani (Ayoub, min.81), Gori; Diego, Alberto (Cape, min.57), Marco (Soler, min.68); Aitor.

GOLES: 1-0: Santi de Prado, min.4; 1-1: Alberto, min.44; 2-1: Manu Barreiro, min.51; 2-2: Aitor, min.68; 3-2: Carlos Cinta, min.88.

ÁRBITRO: Álvarez Rodríguez (Castela e León). Amoestou a Payeras e Diego polo Poblense.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido de semifinais da Copa Federación disputado ante 630 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.