O Compos cae en Cantabria

13 de Outubro de 2024
Antón Permuy visualizando o partido disputado en Astillero
Álvaro Casas despexando un balón no partido do Compos contra o Rayo Cantabria
Celebración de Fer Cano do seu gol en Cantabria, o seu primeiro na liga co Compos, segundo da tempada
    • O Raio Cantabria remontou o gol de Fer Cano para o Compos

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2024

O Compos volveu caer na liga. Os nosos perderon por 2-1 contra o Raio Cantabria nun partido no que os locais remontaron o tanto inicial de Fer Cano.

O mediapunta adiantou aos branquiazuis á media hora de xogo, aproveitando unha gran xogada pola dereita, na que Álvaro Casas puxo un servizo perfecto ao segundo pau para que Fer a remachase á rede.

Con todo, a alegría durou pouco, xa que Izan marcaría o empate nada máis sacar de centro. E na segunda metade, cando parecía que o marcador non se movería, o Raio Cantabria marcaba o segundo nun córner. Baldrich remataba no segundo pau á rede.

Toca levantarse deste novo mal resultado e para iso haberá que coller confianza na casa. Dous partidos haberá esta semana no Vero Boquete. O mércores, ás 20.00 horas, contra o Poblense; e o domingo, ás 12.00 horas, contra o Guijuelo.

FICHA TÉCNICA

RAIO CANTABRIA: A. Jiménez; Ángel, Entrecanales, Gomeza, Samu Calera (Isaac Obeng, min.59); Diego Díaz (Pablo Lomas, min.82), Dani González, Néstor (Marcos Fernández, min.59), Izan (Argos, min.82); Baldrich e Mario Fuente (Diego Fuentes, min.67).

SD COMPOSTELA: Rabanillo; Santi de Prado, Roque, Kike, David Soto, Ocaña; Álvaro Casas (Samu, min.85), Trasi (Selasi, min.71), Fer Cano (Landeira, min.85); Hugo Matos (Giuliano, min71) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.64).

GOLES: 0-1: Fer Cano, min.31; 1-1: Izan, min.32; 2-1: Baldrich, min.78

ÁRBITRO: Rezola Etxeberria (Gipuzkoa). Amoestou a Néstor, polo Raio Cantabria; e a Kike, Manu Barreiro e Giuliano, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal de Fútbol A Planchada (Astillero). Xornada 7 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 750 espectadores, aproximadamente.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.