O Deportivo Alavés, o rival de Copa en primeira rolda

10 de Outubro de 2024
Os xogadores da SD Compostela reuníronse no Estadio Vero Boquete para vivir o sorteo da Copa do Rei
Deportivo Alavés, rival da SD Compostela na primeira rolda da Copa do Rei
  • O ‘Glorioso’ Alavés visitará o Vero Boquete a finais de outubro

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024

A SD Compostela xa ten rival para a primeira eliminatoria da Copa do Rei: será o Deportivo Alavés. O conxunto babazorro, de Primeira División, visitará o Estadio Vero Boquete de San Lázaro a finais de outubro, nun partido para o recordo que aínda non ten nin data nin hora. Será o 29, 30 ou 31 de outubro.

Más de 20 anos despois, un conxunto da máxima categoría visitará o feudo compostelanista en partido oficial. Trala gran acollida que tivo a eliminatoria do pasado ano contra o Tenerife, na que os nosos rozaron a sorpresa (0-1), espérase de novo un gran ambiente nun partido para soñar.

Esta eliminatoria foi posible grazas á vía da Copa Federación, na que o Compos está en semifinais tras eliminar ao Sestao River. Precisamente, o emparellamento por un posto na final disputarase tamén na nosa casa, o vindeiro mércores 16 de outubro. O rival: a UD Poblense.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts.
Click to show error
Error: Server configuration issue

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.