O Compos consegue un valioso empate no Helmántico

27 de Novembro de 2024
Afección do Compos desprazada ao Helmántico para apoiar aos nosos
Rabanillo, tras cinco partidos sen encaixar, volveu a recibir un gol no Helmántico
Selasi, nun momento do partido disputado no Helmántico polo Compos
  • O Compos igualou por dúas veces ante o Salamanca no Helmántico para manter a boa dinámica

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2024

Un valioso empate para continuar coa boa dinámica. A SD Compostela igualou 2-2 na súa visita ao Helmántico contra un Salamanca que chegaba tamén en bo momento. Un punto meritorio conseguido tras igualar o marcador ata en dúas ocasións.

O encontro no Helmántico comezou eléctrico, cun gol dos locais no primeiro minuto, rompendo así a xeira de imbatibilidade de Rabanillo.

Con todo, sobrepuxéronse rápido os nosos, grazas a unha impresionante carreira de Santi de Prado pola banda, chegando a liña de fondo e servindo atrás para que Samu, outra vez el, marcase de primeiras. É o seu cuarto gol da tempada.

Con todo, o Salamanca volveu golpear cinco minutos despois, outra vez por obra de Caramelo, cun golazo ao pau longo. Con ese 2-1 chegaríase ao intermedio.

Á volta dos vestiarios, os nosos deron un paso adiante, quitáronse a presión salmantina e conseguiron, de novo, o empate. Ocaña avanzou en campo rival, entregoulla a Manu Barreiro e este, observando a subida do central, deixouna de cara para que o defensa andaluz a cruzase, coa dereita, ao pau longo. Un golazo, o seu terceiro en partido oficial coa camiseta do Compos.

Co marcador parello ambos tentárono, pero o 2-2 xa non se moveu. Reparto de puntos no Helmántico que deixa satisfeito ao Compos polo campo e pola forma de conseguir o empate.

Os nosos suman xa seis xornadas consecutivas sen perder e aséntanse na zona media da táboa. Agora, tentarán facer bo o empate logrando outra vitoria na casa. Será este sábado, ás 17.30 horas, na visita do Laredo ao Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

2 – Salamanca CF UDS: Eric Ruiz; Carmona, Amaro, Iván Casado, Javier Murua; Martín Galván (Javi Navas, min.75), Cristeto, Curro, Caramelo (Ares, min.75); Juancho (Óscar Lorenzo, min.75) e Emaná (Maikel Villajos, min.58).

2 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado, David Soto (Diego, min.46), Pablo Crespo, Ocaña, Manu Rivas; Selasi, Álvaro Casas; Samu (Carlos Cinta, min.58), Fer Cano (Pablo Antas, min.80) e Manu Barreiro.

Goles: 1-0: Caramelo; 1-1: Samu, min.8; 2-1: Caramelo, min.13; 2-2: Ocaña, min.58.

Árbitro: Álvarez Ordóñez (Asturias). Amoestou a Iván Casado e Cristeto, polo Salamanca; e a Pablo Crespo, Álvaro Casas e Diego, polo Compos.

Incidencias: Estadio O Helmántico (Salamanca). Xornada 13 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 3.500 afeccionados, cunha pequena representación de seguidores compostelanistas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de adestramentos🏟️ Preparación para o regreso a nosa casa, trala suspensión da xornada pasada#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.