Derrota en Valladolid marcada por unha expulsión no primeiro tempo

21 de Decembro de 2024
Fer Cano, un dos destacados do Compos, pelexando un balón contra un rival do Valladolid Promesas
Roque sacando o balón xogado dende atrás nos Anexos José Zorrilla
Samu foi titular e portou o brazalete de capitán
Rabanillo tivo paradas de todas as cores ante os ataques do Valladolid Promesas
  • O Compos tivo as súas opcións, a pesar de xogar cun xogador menos durante 70 minutos, pero a vitoria foi para o filial do Valladolid

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024

A SD Compostela non puido pechar o ano sumando en Valladolid. Un gol a balón parado e unha expulsión aos 20 minutos marcaron un duelo igualado no que os nosos loitaron contras as adversidades ata o final.

A contenda quedou marcada polo sucedido nos primeiros minutos. Tras un bo inicio compostelanista, cun par de achegamentos en área rival, no minuto 5 chegou o primeiro golpe. Gol de Jorge Delgado, pichichi local, aproveitando o rexeite dun paradón de Rabanillo, tras un saque dende a esquina.

Repúxose ben do gol o Compos, que avisou nada máis sacar de centro, pero Aceves evitou o gol ata en dúas ocasións. Con todo, pouco máis tarde, chegou un novo golpe para os intereses dos nosos. Nun intervalo de seis minutos, entre o 14 e o 20, o colexiado sacou dúas amarelas a Selasi e expulsouno. Especialmente rigorosa a segunda, nunha acción defensiva sen aparente perigo e dado o minuto de partido.

Quedaban 70 minutos por diante loitando cun xogador menos e ante un rival que xa ía por diante no luminoso, pero o Compos deu a talla. Arriscando para seguir coa súa presión alta, por momentos, conseguiu quitarlle a pelota ao Valladolid, pero faltoulle mordente arriba. Probou fortuna con disparo afastados, pero non acabou de atopar os tres paus. Pola súa banda, defensivamente, atopou a seguridade que necesitaba en Rabanillo, de novo protagonista con varias paradas de nivel.

E así se chegou á recta final, na que o Compos tivo dúas oportunidades para o empate. Primeiro, un disparo de Hugo Matos, tras unha gran combinación, que lle saíu mordido e atrapou o porteiro. E, sobre todo, no 88, cando un defensor arroiou na área a Giuliano, cando este avanzaba polo carril central, pero o colexiado non o considerou punible, a pesar das protestas compostelanistas. Así, chegouse ao final co 1-0.

Con esta derrota, o Compos pecha a primeira volta con 22 puntos na 12ª posición, nunha liga que está tremendamente igualada. Os nosos atópanse a 5 puntos do terceiro posto, a 4 do playoff, con 1 de vantaxe sobre o playout e outros cinco sobre o descenso.

Tras un mes de decembro no que os resultados non saíron, os nosos vanse ás vacacións para refrescar a mente e volver, xa en 2025, con ánimos renovados. E é que á volta do aninovo arrincará a segunda volta, na que se certifican os obxectivos. E farao para o Compos cun duelo de altura no Vero Boquete, coa visita do Numancia, o domingo 12 de xaneiro ás 16.00 horas.

FICHA TÉCNICA

1 – RV Promesas: Aceves; Alin (Koke, min.59), Gabriel Rodríguez (Ortuño, min.80), Arco, Hugo San; Frimpong; Xavi Moreno, Maroto (Iker Ivorra, min.18), Sergi Esteban (Rulo, min.80), Neira (Sesé, min.59); e Jorge Delgado.

0 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado (Trasi, min.86), David Soto, Pablo Crespo, Ocaña, Roque (Giuliano, min.76); Selasi, Samu (Álvaro Casas, min.46); Fer Cano; Hugo Matos (Landeira, min.76) e Manu Barrreiro.

Goles: 1-0: Jorge Delgado, min.5.

Árbitro: Sahelices Puga (Asturias). Expulsou a Selasi (min.20) por dobre amarela. Ademais, amoestou a Samu, Pablo Crespo e Álvaro Casas, polo Compos.

Incidencias: Anexos Estadio José Zorrila (Valladolid). Xornada 17 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.