O Compos suma un punto contra o Ávila nun partido moi pechado

16 de Decembro de 2024
Rabanillo volveu deixar a portería a cero tras varias semanas encaixando goles
Selasi estivo imperial no centro do campo contra o Ávila
Pablo Antas, co brazalete do capitán, liderou o ataque dos nosos
Ocaña alternou a posición de central co lateral, contra o Real Ávila, no empate 0-0 no Estadio Vero Boquete
Pablo Antas recibe unha falta dun defensor do Ávila
Hugo Matos regresou á titularidade tras recuperarse xa da súa lesión
  • As defensas do Compos e do Ávila impuxéronse aos ataques nun duelo moi igualado que acabou 0-0

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2024

A SD Compostela volveu sumar un punto na Liga, deixando ademais a portería a cero. 0-0 contra o Real Ávila nun partido moi pechado, de alto nivel, no que as defensas se impuxeron aos ataques.

A ambos equipos custoulles xerar ocasións de perigo ante dúas defensas moi ben plantadas. O Ávila buscounos máis a balón parado e o Compos co balón xogado, pero ningún dos dous atopou premio aos seus ataques.

En clave compostelanista, pola banda dereita, coas subidas de Santi de Prado e David Soto, chegaron as ocasións máis perigosas dos nosos. Nunha delas, Hugo Matos mandouna arriba desde a frontal, e noutra, o pase de Santi non atopou rematador por milímetros. Ademais, Soto enviou arriba un testarazo e unha chegada ao segundo pau, aínda que o colexiado decretou fóra de xogo.

En defensa, nas poucas ocasións visitantes, Rabanillo liquidou todas elas sen problemas, especialmente unha boa parada no segundo tempo.

Con este punto, o Compos suma 22, en plena zona de ebulición da clasificación, con moitos equipos en escasos cinco puntos. Agora, tratará de facer bo o empate cunha vitoria para pechar o 2024. Será nos Anexos ao Estadio José Zorrila, o sábado ás 16.00 horas, contra o Real Valladolid Promesas.

FICHA TÉCNICA

0 – SD Compostela: J. Rabanillo; Santi de Prado, David Soto, Pablo Crespo, Ocaña, Roque; Selasi, Pablo Antas; Hugo Matos (Landeira, min.86), Fer Cano (Samu, min.68) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.68).

0 – Real Ávila: Álvaro de Pablo; Deiby, Casio JR, Cesar Llopis, Fer Diaz, Toper (Caio, min.68); Adilson (Sisse, min.81), Vitolo; Adri Carrión (Pedro Luz, min.81), Alberto Martín (Campos, min.68) e Mario Rivas.

Goles: Sen goles.

Árbitro: Alonso Luiña (Asturias). Amoestou a Carlos Cinta, polo Compos; e a Casio JR e Fer Diaz, polo Ávila.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 16 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.230 espectadores. Papá Noel fixo o saque de honra do partido.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.