Rabanillo, experiencia e seguridade para a portería do Compos

18 de Xuño de 2024
  • O porteiro asturiano Rabanillo firma no Compos tras realizar unha sensacional tempada no Guijuelo

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Javier Rabanillo Rodríguez (Xixón, 21/10/1995) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 24/25. O experimentado porteiro asturiano, que chega de realizar un sensacional ano no Guijuelo, firma por unha campaña.

Aos seus 28 anos, Rabanillo é un arqueiro cun gran potencial e que coñece moi ben a categoría, na que disputou xa dous playoffs de ascenso. Un porteiro que domina moi ben a área en situacións de centros laterais, seguro baixo paus, con grandes reflexos en accións límite e dominador do xogo con ambas pernas.

Todo iso demostrouno á perfección nesta última tempada no Guijuelo, sendo un dos xogadores máis destacados do equipo e un dos porteiros de referencia do Grupo 1 da Segunda RFEF. No cadro salmantino foi un seguro baixo paus, clave na súa clasificación para o playoff. En total disputou 36 encontros entre liga, promoción de ascenso e Copa do Rey, deixando a súa porta a cero en 12 deses encontros.

Por iso, a dirección deportiva da SD Compostela decidiu afrontar a fichaxe de Rabanillo para defender a portería do Vero Boquete.

En todo caso, ademais deste gran último curso, Rabanillo conta tamén cunha ampla traxectoria polo fútbol asturiano e vasco, ademais dunha breve estancia en Talavera, conxunto co que debutou en Primeira Federación.

Neste sentido, Rabanillo comezou a súa carreira en Asturias, pasando polo SD Llano 2000, L’Entregu, Caudal Deportivo e Marino de Luanco, ascendo categorías desde Rexional Preferente ata Segunda División B.

O seu bo facer baixo paus, a pesar da súa mocidade, levouno ao Barakaldo, da Segunda B, onde estaría as dúas campañas marcadas polo covid. Na primeira disputou 17 encontros como titular, antes de que a pandemia detivese as competicións, e na segunda outros 18, entre a primeira e a segunda fase.

Tras estes dous anos moveríase de equipo, pero non de comunidade, xa que recalou no Sestao River, da Segunda RFEF, no que volveu demostrar o seu potencial, sendo clave para que disputasen o playoff de ascenso. Rabanillo foi titular na segunda volta e a promoción para un total de 19 partidos, dos cales en 13 non encaixou gol. Foi o seu paso previo a fichar no Talavera e, posteriormente, no Guijuelo.

Agora chega a Santiago, onde se atopará co seu compañeiro Diego González, con moita ilusión, con gañas de demostrar o seu gran nivel na SD Compostela e darlle moitas alegrías á afección.

Benvido e moita sorte, Rabanillo!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.