Landeira, un novo ascenso desde a Canteira Picheleira para o Compos

19 de Xuño de 2024
  • Landeira, tras contar con minutos o curso pasado, formará parte do primeiro plantel da SD Compostela

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

Un novo ascenso desde a Canteira Picheleira. Gonzalo Landeira Rodríguez (Santiago de Compostela, 01/04/2004) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O canteirán compostelanista, tras unha gran última campaña, na que dispuxo de minutos na Segunda RFEF, formará parte do primeiro equipo, ampliando o seu contrato co club ata 2025.

Como xa demostrou a pasada tempada, Landeira é un centrocampista con gran visión de xogo, último pase, capacidade física para abarcar moito campo e moi polivalente, xa que pode actuar tanto en posicións centradas como escorado a algunha das bandas.

Un futbolista mozo, cun gran potencial e proxección, e ao que coñecen moi ben Antón Permuy e Dani Gesto, tanto da súa etapa en categorías inferiores, estando ás ordes de ambos no Conxo e no Compos; como do curso pasado, no que estivo, durante todo o ano, en dinámica de primeiro equipo.

Nesta liña, a pasada campaña, no seu primeiro ano como sénior, Gonzalo Landeira foi convocado en 19 encontros, tendo minutos en oito deles, repartidos entre liga e Copa do Rey. Precisamente, na competición copeira, foi onde se produciu o seu debut oficial, disputando os últimos minutos do encontro contra o CD Tenerife.

Do mesmo xeito, a súa presenza co primeiro equipo alternouna o pasado ano coa participación co filial. Co Sigüeiro xogou 21 encontros, o último deles esta pasada fin de semana na Copa Deputación, nos que ademais anotou 3 goles.

Anteriormente, Landeira desenvolvera a súa formación na base do Conxo, superando etapas ata chegar ao último ano xuvenil, no que deu o salto ao División de Honra do Compos. Nese último curso foi un dos puntais do conxunto branquiazul, con 24 partidos disputados e 4 goles anotados, axudando ao equipo a lograr a salvación na máxima categoría.

Ese gran rendemento abriulle as portas do filial e, agora, do Compos. Por tanto, trátase doutra gran noticia para a Canteira Picheleira. Un novo canteirán que chega ao primeiro equipo, previo paso polo Sigüeiro, co que recentemente se renovou o convenio de colaboración.

Con moita fame e moita ilusión, Gonzalo Landeira iniciará esta pretempada como membro de pleno dereito do vestiario do Vero Boquete. Unha campaña na que seguirá demostrando o seu crecemento e calidade para o deleite dos afeccionados compostelanistas.

Parabéns, Gonzalo!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.