SD Compostela e Sigüeiro renovan o seu convenio de colaboración

12 de Xuño de 2024
O Sigüeiro FC celebrando a consecución da Copa do Sar
Antonio Liñares, presidente do Sigüeiro FC, e Miguel Fernández, xerente da SD Compostela, firmando o acordo de colaboración
  • O Sigüeiro, recentemente campión da Copa do Sar, seguirá actuando como filial do Compos, sendo un trampolín para os canteiráns

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

O Sigüeiro FC seguirá sendo o filial da SD Compostela unha tempada máis. Froito dos grandes resultados logrados nestas tres campañas xuntos, ambos clubs decidiron renovar o seu convenio de colaboración. Deste xeito, o conxunto de Oroso, que milita na Preferente Galicia e que recentemente se converteu en campión da Copa do Sar, seguirá actuando como filial do Compos.

Este acordo supón unha gran noticia, xa que o Sigu permitiu a moitos xogadores da Canteira Picheleira dar o salto ao fútbol profesional, tendendo unha ponte entre a idade xuvenil e o primeiro equipo da SD Compostela.

Nesta liña, o Sigüeiro foi un trampolín nestas tres últimas tempadas para os xogadores mozos branquiazuis. Moitos deles alternaron a súa presenza no filial con participación nos adestramentos do primeiro equipo e mesmo gozaron de minutos co Compos. Só nesta última campaña, 6 xogadores do filial disputaron encontros na Segunda RFEF.

Ademais, cabe destacar os exemplos de Roque, Kike e Hugo Matos, futbolistas da casa que deron o salto ao primeiro plantel branquiazul desde o conxunto orosano.

Do mesmo xeito, este convenio tamén reforzou ao Sigüeiro, como demostran as súas últimas campañas no Grupo Norte da Preferente Galicia. O filial nutriuse nestes anos dos principais xogadores da Canteira Picheleira, futbolistas que tiveron un papel moi destacado no club, como demostran os dous cursos nos que pelexaron polo ascenso a Terceira RFEF.

Especial mención require esta última tempada, na que o Sigu quedou a un paso do segundo posto, pelexando ata as últimas xornadas polo salto de categoría. Un brillante rendemento que se coroou, este pasado domingo, co terceiro título para a entidade da Copa do Sar.

Por tanto, estamos seguros de que esta prolongación do acordo seguirá traendo grandes éxitos para ambos. Seguiremos gozando no Vero Boquete de futbolistas do filial e de xogadores da Canteira Picheleira no Sigüeiro.

Para pór a rúbrica a esta continuidade da colaboración, asinaron o acordo Miguel Fernández, xerente da SD Compostela; e Antonio Liñares, presidente do Sigüeiro FC.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.