Santi de Prado, un correcamiños para a banda da SD Compostela

20 de Xuño de 2024
  • Santi de Prado, con ficha sub23, regresa ao Compos tras unha sensacional campaña na UD Ourense

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

Santiago de Prado Lourido (Vigo, 30/11/2002), máis coñecido como Santi de Prado, está de volta. O mozo e polivalente futbolista, con ficha sub23, regresa á SD Compostela tras un brillante ano nas filas da UD Ourense. Firma por 1 ano, con opción a outro máis, e convértese na cuarta fichaxe do Compos para a Tempada 2024/25.

Santi de Prado é un xogador con gran proxección e que destaca pola súa rapidez e a súa potencia. Un correcamiños da banda, que se adapta á perfección tanto a xogar de lateral como de extremo. Un futbolista que, como leva demostrando nestes últimos cursos, é quen de repetir esforzos continuos, abarcar moito campo e achegar moita enerxía ao equipo, sendo un puñal para as defensas rivais cos seus desbordes e as súas continuas chegadas a área rival.

Estas calidades, unidas á súa ambición por crecer e seguir mellorando, así como ao gran coñecemento que ten do que significa o Compos, levaron á dirección deportiva da SD Compostela a afrontar a súa fichaxe para o proxecto branquiazul.

Neste senso, Santi de Prado vén de realizar un ano sensacional na UDO, sendo un dos seus xogadores máis destacados dun conxunto que pelexou, ata a última rolda autonómica, polo ascenso á Segunda RFEF. A súa participación ascendeu a preto de 3.000 minutos de xogo en 35 encontros disputados, nos que anotou 2 goles e nos que deixou moi patente a súa garra, esforzo e sacrificio.

Un potencial que xa mostrara nas súas campañas no filial compostelanista. E é que Santi de Prado aterrou no Sigüeiro no seu primeiro ano sénior para converterse nun dos futbolistas de referencia da Canteira Picheleira. Así, alternou a súa participación na Preferente Galicia coa súa presenza no primeiro equipo da SD Compostela.

Neses dous anos en Compostela disputou 56 encontros co Sigüeiro, anotando 5 goles. Pola súa banda, co primeiro equipo, debutou na 20/21, saíndo desde o banco nos últimos minutos do duelo contra o Langreo. E repetiu experiencia na 21/22, tanto nas semifinais da Copa Federación como na Segunda RFEF, precisamente, tamén contra o Langreo. Ademais, estivo tamén moi presente nas pretempadas, disputando unha gran cantidade de amigables co Compos.

Por iso, coa ambición de seguir dando saltos a nivel futbolístico e demostrar todo o seu potencial, regresa á SD Compostela coa mochila chea de ilusión e de gañas. A banda do Vero Boquete prepárase para as carreiras continuas de Santi de Prado.

Benvido de novo e moita sorte, Santi!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 CORUXO F.C. 🏟️ O Vao🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores ata 14 anos📺 En Xogo 🙌 Todos xuntos, para saír adiante! 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.