Diego González, un todocampista para a medular do Compos

14 de Xuño de 2024
  • Diego González, primeira fichaxe da SD Compostela, chega tras destacar no Guijuelo e firma por 1 ano

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

Diego González Díaz (Santibáñez de Béjar, 19/05/1999) é a primeira fichaxe da SD Compostela para a Tempada 24.25. O centrocampista salmantino, con ampla experiencia na Segunda RFEF, chega tras destacar no Guijuelo e firma por unha campaña.

Diego González é un claro perfil de todocampista. Un mediocentro incasable, que destaca tanto pola súa capacidade como recuperador de balóns como pola súa habilidade para asociarse e chegar a área rival. Un futbolista moi enérxico, que abarca moito campo e cunha gran capacidade de sacrificio sobre o verde.

Estas características, que tan ben demostrou esta pasada campaña en Guijuelo, levaron á dirección deportiva do Compos a afrontar a súa fichaxe. Nesta liña, Diego González chega de ser unha peza fundamental no conxunto charro, titular indiscutible e eixo central dun conxunto que disputou o playoff de ascenso a Primeira RFEF. En total, xogou 36 partidos no curso, con máis de 2.600 minutos de xogo, nos que tamén anotou tres goles.

Con anterioridade, o canteirán do Guijuelo tamén destacara no Palencia Cristo Atlético, onde estivo dúas tempadas e media. En terras palentinas logrou un ascenso a Segunda RFEF e foi un dos xogadores destacados do equipo nos seus dous anos na categoría, disputando 63 partidos, anotando 4 goles e disputando mesmo un playoff de ascenso a Primeira RFEF.

O futbolista de 25 anos tamén conta con experiencia no Santa Marta de Tormes, de Terceira RFEF, no que xogou tras saír de xuvenís; así como no Unionistas de Salamanca, no que disputou unha campaña e media na Segunda División B.

Con esa ampla experiencia e cargado de ilusión, Diego González chega ao Compos co obxectivo de darlle moitas alegrías á parroquia branquiazul.

Bienvenido e moita sorte, Diego!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.