Álvaro Casas e Pablo Antas, compostelanistas ata 2025

15 de Xuño de 2024
  • Os dous capitáns, fundamentais nas últimas campañas, renovaron automaticamente tras superar os seus obxectivos de partidos disputados

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

A SD Compostela seguirá dispoñendo de dous dos seus principais baluartes para a Tempada 24.25, os seus dous capitáns Álvaro Casas e Pablo Antas. Dous emblemas do club, fundamentais nos últimos anos e que foron, tempada tras tempada, pezas chave para todos os técnicos compostelanistas.

Precisamente, froito dese protagonismo e participación sobre o verde, Casas e Antas seguirán, un ano máis, defendendo o escudo branquiazul na Segunda RFEF. Durante a última campaña, ambos foron dous dos xogadores con máis minutos disputados do plantel, superando os obxectivos marcados nos seus contratos que activaron as cláusulas de renovación automática por un curso máis.

Deste xeito, coa continuidade de Casas e Antas, o Compos asegúrase a presenza de dous líderes, dentro e fóra do campo. Dous xogadores que son exemplo de traballo duro, sacrificio e dedicación, dous futbolistas da casa que son xa parte da historia do club e que se implicaron sempre polo ben do proxecto da SD Compostela.

Neste sentido, Álvaro Casas, primeiro capitán da SD Compostela, alcanza xa os 227 partidos oficiais disputados co Compos, repartidos en sete campañas. Pola súa banda, Pablo Antas, segundo capitán, suma a cifra de 129 encontros xogados, no seu caso, en cinco tempadas.

Por tanto, estes datos demostran a súa importancia nas últimas campañas, sendo pezas fundamentais da defensa e do centro do campo da SD Compostela.

Álvaro Casas e Pablo Antas, dous dous nosos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.