Derrota en Torrelavega que rompe a dinámica

8 de Decembro de 2024
Manu Barreiro controlando un balón no partido contra a Gimnástica de Torrelavega
Selasi con Primo, ex xogador do Compos, ao fondo nun momento do partido disputado no Malecón
Rabanillo non puido manter a porta a cero na visita a Torrelavega
Pablo Crespo regresou á súa terra natal, Cantabria, na visita á Gimnástica de Torrelavega
Ocaña dando un pase
Manu Rivas, de novo titular, na primeira metade do partido no Malecón
  • O Compos foi a remolque todo o partido en Torrelavega e non puido continuar coa súa boa dinámica de resultados

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2024

A SD Compostela puxo fin á súa boa dinámica de resultados, con sete xornadas sen perder, nun mal día en Torrelavega. 2-0 final nun encontro no que os nosos foron a remolque durante os 90 minutos, despois do tanto inicial dos locais nada máis arrincar.

A contenda decidiuse cun tanto de Primo, exxogador compostelanista, aos dous minutos, marcando de tacón no primeiro pau; e o posterior gol de Chus Ruiz, á media hora, cunha poutada desde tres cuartos de campo que se coou pola escuadra da portería de Rabanillo.

Ráchase así a xeira de sete xornadas sen perder dun Compos que segue asentado na zona media da táboa.

Agora tocará levantar a cabeza, o vindeiro domingo, na casa, contra o Real Ávila. Un auténtico partidazo, que entra nos abonos de Media Tempada, que se disputará ás 17.30 horas no Vero Boquete de San Lázaro, onde os nosos levan catro vitorias seguidas.

FICHA TÉCNICA

2 – RS Gimnástica: Miguel Sanz (Palomeque, min.72); Miguel Gándara, Goñi, Iago Parga, Puras; Unai, Diego Campo, Alberto Gómez, Dani Gómez (Santamaría, min.69); Chus Ruiz e Primo (Edu Bedia, min.90).

0 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Ocaña, Manu Rivas (David Soto, min.53); Selasi (Giuliano, min.62), Diego (Pablo Antas, min.53); Samu (Carlos Cinta, min.53), Fer Cano e Manu Barreiro (Hugo Matos, min.69).

Goles: 1-0: Primo, min.2; 2-0: Chus Ruiz, min.30.

Árbitro: Altuna Paguey (Gipuzkoa). Expulsou a Álvaro Casas (min.90+5) con vermella directa. Ademais, amoestou a Dani Gómez, Unai, Miguel Gándara, Goñi, Diego Campo e Chus Ruiz, pola Gimnástica; e a Samu, Selasi, Pablo Antas e Carlos Cinta, polo Compos.

Incidencias: Estadio O Malecón (Torrelavega). Xornada 15 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.